Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 01 de abril de 1996 Páx. 2.999

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 21 de marzo de 1996 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión de cargo directivo pertencente á estructura organizativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

O Decreto 178/1994, do 16 de xuño, desenvolve a estructura organizativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, creado polo Decreto 71/1993, do 18 de marzo.

Encontrándose vacante un cargo directivo da citada estructura, procede a súa cobertura polo sistema de libre designación en convocatoria pública.

Por isto, esta consellería, de conformidade co establecido no artigo 4.1º do dito Decreto 178/1994, do 16 de xuño,

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, a praza que se indica no anexo da presente orde, pertencente á estructura organizativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os interesados que, para esa praza, reúnan os requisitos previstos no devandito Decreto 178/1994, do 16 de xuño.

Terceiro.-As solicitudes para participar na presente convocatoria poderán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, no das súas delegacións provinciais ou en calquera das direccións provinciais do Sergas, ademais de nas oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados deberán presentar, xunto coa solicitude, un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que nel aleguen, ademais de xustifica-los requisitos ós que se refire o apartado segundo da presente orde.

Cuarto.-Cumpridos os trámites previstos no dito Decreto 178/1994, a resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, podéndose declarar deserto o cargo directivo ofertado.

Quinto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo

110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 1996.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Praza: director de Recursos Humanos e Relaciones Laborais

Requisitos: posuír titulación superior universitaria e non encontrarse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas ou profesionais.

1462