Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 01 de abril de 1996 Páx. 2.999

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 18 de marzo de 1996 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde.

Convocada, pola Orde do 8 de febreiro de 1996 (DOG nº 37, do 21 de febreiro), a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde, anunciada pola Orde do 8 de febreiro de 1996 (DOG nº 37, do 21 de febreiro).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, al funcionario que se relaciona no anexo á presente orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, despois de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1996.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Apelidos e nome: Viqueira Mato, Emilia.

NRP: 3327367957 A2059

Grupo: D.

Nivel C.D.: 18.

Corpo ou clase: auxiliar administrativo.

Posto de traballo: secretaria do director xeral de Saúde Pública.

Dependencia: Dirección Xeral de Saúde Pública.

Localidade: Santiago de Compostela.

2308