Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 01 de abril de 1996 Páx. 2.997

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 1996 pola que se convocan 2 cursos sobre dereito administrativo policial básico dirixidos ós membros dos corpos das policías locais de Galicia.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1996 de forma descentralizada, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración de 2 cursos sobre dereito administrativo policial básico, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos:

Os cursos teñen por obxectivos inicia-lo policía no estudio do dereito administrativo policial e dotalo dunha formación teórico-práctica que lle sexa útil no desempeño posterior do seu labor profesional.

Destinatarios:

Os cursos van dirixidos ós membros dos corpos das policías locais de Galicia, e membros da Unidade do C.N.P. adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

Inscrición:

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas:

O número de prazas que se ofertarán para cada curso será de 40.

Solicitudes:

1. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo, acompañada dunha fotocopia do DNI e do carné profesional.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará ás 14 horas, nas seguintes datas.

-A Coruña: o día 11 de abril.

-Ferrol: o día 15 de maio.

3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal e seladas, será isto requisito indispensable para ser admitido nos cursos; o incumprimento deste requisito suporá á non admisión no devandito curso.

4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: rúa de Madrid, 2-4 Polígono das Fontiñas, 15703, Santiago de Compostela, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contido e duración:

Os cursos celebraranse en sesións de tarde, de luns a venres, e neles trataranse, entre outros, os seguintes temas:

a) Actos e procedementos administrativos.

b) Actos e espectáculos pùblicos.

c) Armas e explosivos.

d) Lei de seguridade cidadán.

Datas:

Os cursos celebraranse nas seguintes datas:

-A Coruña: do 22 ó 26 de abril.

-Ferrol: do 3 ó 7 de xuño.

O horario será de 16 a 20 horas do serán.

Relación de admitidos:

A relación de admitidos publicaráse nas seguintes datas:

-A Coruña: o día 16 de abril.

-Ferrol: o día 21 de maio.

Esta relación publicarase no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden

confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981) 56 34 00.

Lugar:

Os cursos desenvolveranse nas cidades da Coruña e Ferrol, quedando por concreta-lo seu lugar de celebración, que se comunicará previamente xunto coa lista de admitidos.

Certificado de asistencia:

Ó remate dos cursos entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a ela, non podendo supera-las faltas de asistencia un 15% do total da duración de horas lectivas do curso; unha non asistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, suporá a non expedición do certificado.

Modificacións:

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento dos cursos para adapta-los ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 1996.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

2310