Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 01 de abril de 1996 Páx. 3.001

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO de poxa (126/1995).

O xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa.

Fai saber: que neste xulgado e baixo o número 126/1995 de rexistro, se segue procedemento xudicial sumario do artigo 13.1º da Lei hipotecaria, a pedimento de Caixa de Aforros de Galicia, representada polo procurador Ricardo García-Piccoli contra Manuel Fernández Guerra e Dolores Seoane Maroño, en reclamación de crédito hipotecario, e nas súas actuacións se acordou sacar a primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo da súa avaliación , o seguinte predio contra o que se procede:

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na avenida de Lugo, Arzúa, o vindeiro día cinco de xuño deste ano, ás dez horas, baixo as seguintes condicións:

1.-O tipo do remate é de 16.560.000 pesetas, e non se admitirán ofertas que non cubran a dita suma.

2.-Para tomar parte na poxa, os licitadores deberán consignar previamente na mesa do xulgado ou no establecemento destinado para tal efecto, unha cantidade igual, polo menos, ó vinte por cento de tipo do remate.

3.-Poderá facerse o remate en calidade de cederllo a un terceiro.

4.-Desde o anuncio da poxa ata a súa celebración poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, depositando na mesa do xulgado xunto a aquel, o importe da consignación á que se refire o apartado 2 ou acompañando o resgardo de tela feita no establecemento destinado para o efecto.

Os autos e a certificación rexistral están de manifesto en Secretaría e os licitadores deberán aceptar como bastante a titulación, sen poderen esixir outros títulos.

As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante as acepta e queda subrogado na responsabilidade destas, sen que se destine á súa exinción o prezo do remate.

En caso de quedar deserta a primeira poxa, celebrarase unha segunda o vindeiro día doce de xullo e, no caso de quedar deserta esta, celebrarase unha terceira o vindeiro día dezaseis de setembro, ambas ás 10 horas.

O predio obxecto de poxa é o seguinte:

Casa destinada a vivenda unifamiliar de planta baixa e piso de cento vinte metros cadrados por planta, situada no sector central do predio, coa que linda por tódalas súas partes. Ten como anexo o resto do predio a labradío Tarreo da casa do cura, de noventa e oito áreas, vintesete centiáreas. Linda, norte: Andrés Gómez Rey e, en parte, camiño público

da igrexa e Jesús Salgueiros Vázquez; sur: Manuel Seoane Vázquez; leste: en parte, camiño á igrexa, Luis Rey Gil e Jesusa Seoane Ferreiro; e oeste, camiño público e, en parte, Jesús Salgueiros Vázquez.

O dito predio utilizará auga da fonte que nace no predio de Manuel Seoane Vázquez e que é a que linda polo sur co descrito, e a auga deste a utilizará Dolores Seoane Maroño para usos domésticos, en proindivisión con Manuel Seoane Vázquez.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Arzúa, tomo 472, libro 62, folio 117, predio número 8137.

E para que produza os efectos oportunos, expido o presente edicto en Arzúa o vintedous de febreiro de 1996.

E, para xeral coñecemento, expídese o presente edicto en Arzúa o vintedous de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

2334