Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 01 de abril de 1996 Páx. 2.990

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 febreiro de 1996 pola que se autoriza a inclusión da escola municipal de música de Caldas de Reis no rexistro de escolas de música e danza.

O artigo 39.5º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece que poderán cursarse en escolas específicas estudios de música ou de danza. Así mesmo, a Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril) regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Pola súa parte o Decreto 232/1994, do 14 de xullo, no seu artigo 1, establece que lle corresponde á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias de planificación, regulación e administración do ensino en toda a súa extensión.

Presentada unha solicitude de inclusión no Rexistro de Escolas de Música e Danza, polo Concello de Caldas de Reis, dunha escola de música, os servicios competentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, comprobaron a efectividade do cumprimento dos requisitos esixidos na Orde do 11 de marzo de 1993.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Primeiro.-A escola, da que se mencionan os datos a continuación, queda incluída no Rexistro de Escolas de Música e Danza.

Denominación específica: Escola Municipal de Música de Caldas de Reis.

Titular: Concello de Caldas de Reis.

Domicilio: r/ José Salgado s/n.

Localidade: Caldas de Reis.

Provincia: Pontevedra.

Segundo.-A escola de música citada queda sometida ó Réxime de Escolas de Música e Danza, segundo se establece na Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril), e á inspección académica correspondente.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Ordenación Educativa e Centros para dicta-las disposicións necesarias no desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 1996.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

2239