Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 01 de abril de 1996 Páx. 2.989

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de febreiro de 1996 pola que se autoriza o cesamento de actividades, para o nivel de educación infantil, no centro privado Cristo Rey da Coruña.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Cristo Rey da Coruña en solicitude de cesamento de actividades, para o nivel de educación infantil, no dito centro.

Resultando que o antedito centro privado obtivo, para o devandito nivel educativo, a autorización definitiva por Orde do 28 de xaneiro de 1991.

Resultando que o expediente foi tramitado regulamentariamente pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

Resultando que a devandita delegación provincial elevou proposta favorable sobre a referida petición, acompañando o preceptivo informe, así mesmo favorable, da inspección de educación.

Visto o Decreto 133/1995, do 10 de maio, que regula as autorizacións de cesamento de actividades (DOG do 22).

Considerando que os alumnos do centro non van atopar problemas de escolarización polo que a continuidade do ensino non se prexudica.

Esta consellería,

DISPÓN:

Autorizar, de acordo cos informes emitidos, o cesamento de actividades, para o nivel de educación infantil, no centro privado que se relaciona no anexo da presente orde, quedando nulas e sen ningún efecto as disposicións que autorizan o funcionamento legal do devandito nivel no dito centro.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 1996.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia da Coruña

Concello: A Coruña

Localidade: A Coruña

Enderezo: Elviña, 149

Denominación: Cristo Rey

Titular: Hermanos Maristas

Autorización do cesamento de actividades para o nivel de educación infantil.

96-1942