Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 01 de abril de 1996 Páx. 2.988

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 29 de febreiro de 1996 pola que se nomean novos membros do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

De acordo co disposto nos artigos 4 e 5 da Lei 7/1988, do xullo (DOG do 12-7), de creación do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán ós seus membros representativos que serán nomeados polo conselleiro de Traballo e Benestar Social.

Facendo uso da posibilidade de substitución, que recollen os artigos 4 e 5 da dita lei, a Confederación de Empresarios de Galicia propón a renovación parcial da súa representación no consello.

En virtude do disposto no artigo 11 do Decreto 13/1994, do 20 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, o órgano colexiado Consello Galego de Relacións Laborais figura adscrito a esta consellería

Por todo o exposto, en virtude do artigo 4 da referida Lei 7/1988, e en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear membro suplente do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), a Marina Graña Bermúdez, en substitución de José Luis Soto López.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 1996.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

96-2144