Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 27 de marzo de 1996 Páx. 2.896

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

No BOP da Coruña nº 56, do 8 de marzo de 1996, publicáronse as bases da convocatoria para a provisión das prazas incluídas na oferta de emprego deste concello correspondente ó ano 1995, que son as seguintes:

Funcionarios de carreira:

Grupo, segundo artigo 25 da Lei 30/1984: C.

Clasificación: escala de Administración xeral, subescala administrativa.

Número de vacantes: unha.

Denominación: administrativo.

Sistema de selección: concurso-oposición restrinxido.

Grupo, segundo artigo 25 da Lei 30/1984: D.

Clasificación: escala de Administración xeral, subescala auxiliar.

Número de vacantes: unha.

Denominación: auxiliar.

Sistema de selección: concurso-oposición libre.

Persoal laboral:

Nivel de titulación: formación profesional de primeiro grao.

Denominación do posto: técnico auxiliar delineante.

Número de vacantes: unha.

Sistema de selección: oposición libre.

As instancias solicitando tomar parte na convocatoria para a provisión das prazas presentaranse no prazo de 20 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

Culleredo, 12 de marzo de 1996.

Ricardo Seoane Candamio

Alcalde

96-2254