Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 27 de marzo de 1996 Páx. 2.896

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FISTERRA

EDICTO.

Co fin de dar cumprimento ó acordo adoptado pola Comisión de Goberno en sesión do 5-3-1996, anúnciase licitación, mediante poxa, con procedemento aberto, da seguinte obra, con suxeición ó prego de cláusulas administrativas que constan no expediente:

Denominación: abastecemento e pavimentación rúa Real.

Tipo de licitación: 7.713.252 ptas.

Prazo de execución: catro meses (4).

Clasificación do contratista: non se esixe.

Fianza provisional: 154.265 ptas.

Fianza definitiva: 308.530 ptas.

Prego de cláusulas e proxectos: poderán ser examinados na secretaría da corporación, durante horas de oficina.

Proposicións: dentro do prazo de 26 días naturais contados desde o día de publicación do anuncio no BOP axustada ó seguinte modelo:

Don/a... con domicilio en... r/... nº... teléfono..., e DNI:... (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº:... actuando en nome propio (ou en representación de... con DNI ou CIF nº:... e teléfono...) toma parte na poxa con procedemento aberto para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de... e para os efectos fai constar:

1º.-Que ofrece o prezo de... ptas., que significa unha baixa de... ptas. en relación co tipo de licitación.

2º.-Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3º.-que acompaña a documentación esixida no prego de condicións.

En..., a... de... de 199..

O licitador

Asdo. e rubricado

Sobre A).-Oferta económica: conterá a proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo antes indicado.

Sobre B).-Documentación: conterá a documentación sinalada na cláusula 12.2º do prego.

Apertura de plicas.-Os tres días seguintes hábiles ó do remate da presentación de proposicións.

Fisterra, 12 de marzo de 1996.

Ernesto Insua Olveira

Alcalde-presidente