Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 27 de marzo de 1996 Páx. 2.894

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CELANOVA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, na sesión do 14 de marzo de 1996, acordou convocar concurso para a concesión administrativa da xestión integral do servicio municipal de abastecemento de auga, saneamento e mantemento da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Celanova.

Con esta finalidade, publícase un extracto do prego de condicións que rexerá o devandito concurso, facendo constar que o prego completo está a disposición dos interesados na secretaría municipal, podendo ser examinado e presentar reclamacións contra el durante o prazo de 4 días naturais contados desde a ultima publicación deste anuncio no DOG ou no BOP de Ourense.

Obxecto do contrato: é a adxudicación, polo Concello de Celanova, en procedemento aberto, da concesión administrativa da xestión integral do servicio municipal de abastecemento de auga, así como de saneamento e mantemento da EDAR de Celanova.

Duración do contrato: o contrato terá unha duración de 10 anos contados desde a data de comezo deste, prorrogable automaticamente por períodos anuais ata o máximo legal establecido na lexislación

vixente, salvo o dereito das partes a denuncia-la prórroga, notificada cun adianto de 6 meses, alomenos ó vencemento do período anual.

Tipo de licitación: por tratarse dun concurso e tendo en conta as características do contrato, non se establece tipo de licitación. Os licitadores deberan consignar na proposta que se xunta a estas bases o custo unitario dos servicios obxecto da concesión. Os licitadores, tendo en conta as tarifas actualmente en vigor polo servicio de subministración de auga e polo de vertidos de augas residuais á EDAR de Mourillós e de acordo cos ingresos tarifarios que se estimen como previsibles, (tendo en conta que os usuarios de Vilanova tributan, de momento, soamente por subministración de auga) deberán defini-la tarifa media, para os efectos de poder determinar, se é o caso, o posible canon de concesión que puidera corresponder ó concello.

Circunstancias determinantes da selección: na adxudicación do concurso teranse especialmente en conta, para avaliar como máis ventaxosa unha proposición, os criterios e puntuacións que seguidamente se indican:

1.1. A vialidade da oferta económica presentada para a xestión do servicio. Este criterio avaliarase ata un máximo de 3,50 puntos.

1.2.a) O correcto deseño da organización técnica e persoal para a xestión do servicio.

b) A mellor solución ó traslado de lamas a terreso adecuados, por conta e risco do adxudicatario. Este criterio avaliarase ata un máximo de 2,25 puntos.

1.3. As melloras que se ofrezan á parte das esixencias destas bases, así como calquera outra condición ou circunstancia que os licitadores inclúan nas súas ofertas e que poida supor un beneficio para o concello. Este criterio valorarase ata un máximo de 2,25 puntos.

1.4. A experiencia acreditada na xestión de servicios de subministración de auga corrente e mantemento de estacións depuradoras de augas residuais, semellantes á que é obxecto do contrato, avaliarase especialmente á súa implantación territorial en Galicia. Este criterio valorarase ata un máximo de 2 puntos.

Garantía provisional e definitiva: para poder tomar parte no concurso, os licitadores deben constituír unha garantía provisional por importe de 400.000 pesetas, en calquera das formas previstas na lexislación vixente. A garantía definitiva será de 20.000.000 de pesetas.

Presentación de propostas: as propostas, en número de tres, axustadas ó modelo que figura ó final das bases, deben presentarse en sobres cerrados e lacrados, nas oficinas municipais, en días laborais e en horario de 9 a 14, durante o prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no DOG ou no BOP. Como referencia para o cálculo dos m facturados e coa finalidade de garanti-la viabilidade das ofer

tas, partirase dos seguintes datos, correspondentes ó 3º trimestre do ano 1995.

O número de abonados é de 1.885, correspondendo a Celanova 1.685 e 200 a Vilanova, dos que 11 son bonificados, 1.760 son abonados domésticos e 114 son abonados industriais. O incremento de abonados é de 40-50 abonados/ano. A media de facturación, considerando os mínimos abonados ausentes e o histórico dos últimos anos, é de 14,20 m/abonado/mes. A media de rexistro coas mesmas consideracións anteriores é de 9,30 m/abonado/mes.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar no salón de sesións da Casa do Concello ás 19 horas do primeiro día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das propostas, perante a Mesa de Contratación, constituída pola Comisión Informativa de Economía e Facenda.

Do persoal: o concesionario deberá tomar ó seu cargo o funcionario do concello adscrito ó servicio de augas, dependendo organicamente do concello e funcionalmente da empresa, debendo reintegrar ó concello as cantidades aboadas por este ó devandito funcionario ou a outros organismos en concepto de Seguridade Social, etc.

O concesionario tomará ó seu cargo o persoal laboral que na actualidade se encontra adscrito ó servicio pola empresa Aquagest, S.A., respectando os dereitos económico-laborais lexitimamente adquiridos por este persoal ata a data en que se anuncia convocatoria do concurso no DOG ou no BOP.

Modelo de proposta: Don/Dona..., con NIF nº..., domiciliado/a en..., en nome propio (ou representando a..., como acredito con...), debidamente informado da convocatoria de concurso para contrata-la concesión administrativa integral do servicio municipal de abastecemento de auga, así como de saneamento e mantemento da estación depuradora de augas residuais de Celanova, publicada nbo DOG nº... do... ou BOP de Ourense nº..., do..., con coñecemento das bases económico-administrativas e demais documentos que integran o expediente, afirmo:

1. Que acepta na súa integridade as bases económico-administrativas que rexen o concurso para adxudica-la xestión integral do servicio municipal de abastecemento de auga, así como de saneamento e mantemento da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Celanova.

2. Que se compromete, para o caso de ser adxudicatario do concurso, á prestación dos servicios obxecto do contrato, suxeitándose en todo momento ás condicións que figuran no expediente, facendo constar:

a) Que o canon a percibir polo concello (ou subsidio a percibir polo concesionario) é de... pesetas (en letra e número) por cada metro cúbico de auga potable subministrado e facturado ós abonados do servicio.

b) Que para determina-lo referido canon (ou subsidio, se é o caso) de conformidade coas cláusulas 39 a 41 das bases, prevensea os seguintes valores:

b.1. Que de conformidade cos ingresos tarifados previamente por aplicación das tarifas actualmente vixentes, resulta unha tarifa media de... pesetas (en letra e número) por metro cúbico de auga facturada.

b.2. Que o custo unitario dos ervicio de abastecemento de auga, saneamento e EDAR nos termos da base 3ª.3 e 4 é de... pesetas (en letra e número) por cada m de auga facturada.

En..., o... de... de 1996. (Asinado).

Celanova, 18 de marzo de 1996.

O alcalde

Rubricado

2275