Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 27 de marzo de 1996 Páx. 2.889

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1996, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores VP-C 4/1994 e VP-C 9/1994.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás pesoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución por infracción do Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o regulamento para a aplicación da Lei sobre vivendas de protección oficial.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente na Unidade Xurídico-Administrativa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sita na r/ Salvador de Madariaga s/n, 9º planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

A Coruña, 26 de febreiro de 1996.

Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña

ANEXO

-Expediente: VP-C 4/1994.

Denunciada: Mª Ángeles Varela Pérez.

Último enderezo coñecido: edificio residencial Europa 1.2, portal A, 3º B, Fontiñas-Santiago de Compostela.

Feito denunciado: realización de obras non autorizadas.

Precepto infrinxido: Art. 153.B.12 do Regulamento de vivendas de protección oficial (Decreto 2114/1968, do 24 de xullo).

Precepto sancionador: Art. 8 do Real decreto-lei 31/1978, do 31 de outubro.

Sanción: 100.000 ptas. e cumprimento da orde de obras de reparación dictada polo delegado provincial con data 16 de decembro de 1993.

-Expediente: VP-C 9/1994.

Denunciado: Andrés A. García Cabana.

Último enderezo coñecido: edificio residencial Europa 1.2, portal D, 1º C, Fontiñas-Santiago de Compostela.

Feito denunciado: realización de obras non autorizadas.

Precepto infrinxido: Art. 153.B.12 do Regulamento de vivendas de protección oficial (Decreto 2114/1968, do 24 de xullo).

Precepto sancionador: Art. 8 do Real decreto-lei 31/1978, do 31 de outubro.

Sanción: 100.000 ptas. e cumprimento da orde de obras de reparación dictada polo delegado provincial con data 16 de decembro de 1993.

1966