Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 27 de marzo de 1996 Páx. 2.888

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 1996 pola que se anuncia concurso público por trámite de urxencia para a contratación da subministración do mobiliario para a sede central do ente en Santiago de Compostela.

1. Entidade contratante:

Ente público Portos de Galicia, Xunta de Galicia. Edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

2. Modalidade de adxudicación:

Concurso público aberto polo trámite de urxencia.

3. Obxecto do contrato:

Subministración e instalación do mobiliario para a sede central do ente público Portos de Galicia en Santiago de Compostela.

4. Orzamento máximo de licitación:

16.000.000 de ptas. (IVE engadido).

5. Documentación de interese para os licitadores:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e os de prescricións técnicas estarán de manifesto nas oficinas do ente público Portos de Galicia, sitas na Consellería de Política Territorial, Obras Públicas, e Vivenda da Xunta de Galicia en San Caetano, Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina.

6. Data límite de recepción de ofertas:

O prazo de admisión finalizará ás catorce horas do décimo cuarto día seguinte á publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en día inhábil ou sábado, o prazo será prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

7. Presentación de proposicións:

En sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda,

da Xunta de Galicia, en San Caetano, Santiago de Compostela.

8. Apertura de proposicións:

En acto público que terá lugar as 12 horas do décimo día natural, que non coincida en sábado ou inhábil, contado a partir do día de finalización do prazo de presentación de ofertas, nas oficinas do ente público Portos de Galicia sitas na Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia en San Caetano, Santiago de Compostela.

9. Fianzas:

a) Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación: 320.000 ptas.

b) Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación: 640.000 ptas.

10. Documentos que deben aportar os licitadores:

Os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Clasificación:

Non se esixe.

12. Medios de xustifiación da solvencia económica e financeira:

-Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira.

-Para sociedades, balances e extractos de balances.

Declaración relativa á cifra de negocios global e das subministracións realizadas nos tres últimos exercicios.

13. Medios de xustificación da solvencia técnica do empresario:

-Indicación das principais subministracións efectuadas nos tres últimos anos, indicando importe, datas e destinatario.

-Descrición do equipo técnico, medidas empregadas polo subministrador para asegura-la calidade e os medios de estudio en investigación da empresa.

-Indicación dos técnicos ou das unidades integradas ou non na empresa, participantes no contrato.

-Mostras, descricións, e fotografías dos productos a subministrar.

-Certificacións establecidas polos institutos ou servicios oficiais ou homologados encargados do control da calidade e que acrediten que os productos son conformes ás especificacións ou normas.

-Indicación das principais subministracións efectuados nos tres últimos anos, indicando importe, datas e destinatario.

14. Criterios de adxudicación.

Os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Outras informacións:

Os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 1996.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia

1659