Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 27 de marzo de 1996 Páx. 2.887

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o prego de cargos formulado no expediente sancionador 34/1995, incoado ó abeiro da Lei 14/1985.

Intentada a notificación directa ós interesados do prego de cargos no expediente de referencia, e ó non poder efectuar esta, resolvín, ó abeiro do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia do seguinte:

Expediente sancionador: C-34/1995.

Interesados: Complejo Educativo, S.A., sito na rúa Mallorca, 250-atco. do concello de Barcelona e outras persoas que puidesen resultar responsables.

Prego de cargos:

«Segundo o contido da acta do 19 de outubro de 1995 efectuada polos inspectores de xogo da Xunta de Galicia no establecemento Restaurante As Rodas, sito na rúa Espírito Santo nº 3, do concello de Oleiros, e tendo en conta o informe da inspección de xogo do 8 de novembro de 1995, observouse que o dito local tiña instalada unha máquina chamada Mini Tómbola de Reloxios, sen placas nin autorizacións, feito que podería constituír falta grave ou moi grave segundo os artigos 28 e 29 da Lei 14/1985, da Xunta de Galicia, modificada pola Lei 7/1991, por infracción dos artigos 19, 20 e 21 do Decreto 374/1986, modificado polo Decreto 247/1990, e sancionable segundo o artigo 31 da citada Lei 14/1985.».

Comunícaselles ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 7 da Lei 34/87, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar e no artigo 16.1º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para que nun prazo de 15 días hábiles, contados desde o día seguinte ó da notificación, alegue e presente a documentación que coide pertinente na súa defensa.

A Coruña, 22 de febreiro de 1996.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

2264