Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 27 de marzo de 1996 Páx. 2.887

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 19 marzo 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia concurso aberto da asistencia técnica consistente na realización dunha enquisa intermedia de efectivos de gando porcino en maio, agosto e decembro de 1996.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso aberto:

Obxecto: contratación da asistencia técnica consistente na realización dunha enquisa intermedia de efectivos de gando porcino en maio, agosto e decembro de 1996, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para a mesma.

Orzamento de licitación: catro millóns trescentas setenta e cinco mil trescentas pesetas (4.375.300 ptas.).

Clasificación: non é necesaria.

Fiabza provisional: exenta.

Fianza definitiva: cento setenta e cinco mil doce pesetas (175.012 ptas.).

Prazo de execución: o período de execución da enquisa de efectivos queda fixado nos meses de maio, agosto e decembro.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto, así como o prego de claúsulas administrativas particulares, estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Estudios e Publicacións da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de claúsulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 23 de abril de 1996.

A apertura de proposicións terá lugar o día 29 de abril de 1996, ás 13 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 1996.

P.D.

(Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

1740