Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 27 de marzo de 1996 Páx. 2.885

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a licitación de asistencias técnicas número 2/1996, mediante o sistema de concurso, procedemento aberto.

A Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Coruña resolve convoca-la seguinte licitación de asistencias técnicas polo sistema de concurso, procedemento aberto:

1. Obxecto: contratación de asistencia técnica para a redacción dos proxectos ou a execución dos traballos que figuran na relación, de acordo coas bases e os pregos aprobados para iso.

O orzamento, prazo de execución e clasificación dos contratistas serán os que se sinalan na relación.

2. Fianza provisional: exenta.

3. Exposición de pregos: estarán de manifesto no Servicio de Contratación e mais no de Estructuras e Desenvolvemento Rural desta delegación (edificio administrativo Monelos-Praza Luis Seoane, s/n, 3º e 6º andar, A Coruña), de 9 a 14 horas, durante o prazo de presentación de proposicións.

4. Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio e rematará ás 12 horas do vixésimo sexto día seguinte ó da publicación, que non cadre a sábado.

5. Lugar de presentación de proposicións: no rexistro da delegación provincial no lugar antes citado e na forma legalmente establecida (artigo 100 RXC).

6. Documentación que deberán presenta-los licitadores: a que se sinala nos pregos de claúsulas administrativas particulares.

7. Apertura de proposicións: ás 10 horas do décimo primeiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións, que non cadre a sábado.

8. Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

-Título do proxecto: A.T. acordo de concentración parcelaria na zona de Macenda. (Boiro-A Coruña). C-96003 AC-2240.

Orzamento: 4.285.635 ptas.

Prazo de execución: catorce (14) meses.

Clasificación: non se precisa.

-Título do proxecto: A.T. acordo de concentración parcelaria na zona de Moar. (Frades-A Coruña). C-96004 AC-2243.

Orzamento: 4.004.339 ptas.

Prazo de execución: catorce (14) meses.

Clasificación: non se precisa.

-Título do proxecto: A.T. acordo de concentración parcelaria na zona de Frades. (Frades-A Coruña). C-96005 AC-2234.

Orzamento: 1.737.420 ptas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación: non se precisa.

-Título do proxecto: A.T. acordo de concentración parcelaria na zona de Abellá. (Frades-A Coruña). C-96006 AC-2242.

Orzamento: 4.980.603 ptas.

Prazo de execución: catorce (14) meses.

Clasificación: non se precisa.

-Título do proxecto: A.T. acordo de concentración parcelaria na zona de Gafoi. (Frades-A Coruña). C-96007 AC-2233.

Orzamento: 1.902.888 ptas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación: non se precisa.

-Título do proxecto: A.T. acordo de concentración parcelaria na zona de Reis. (Teo-A Coruña). C-96008 AC-2235.

Orzamento: 9.233.145 ptas.

Prazo de execución: dezasete (17) meses.

Clasificación: non se precisa.

-Título do proxecto: A.T. acordo de concentración parcelaria na zona de Bama. (Touro-A Coruña). C-96009 AC-2188.

Orzamento: 6.403.633 ptas.

Prazo de execución: dezasete (17) meses.

Clasificación: non se precisa.

-Título do proxecto: A.T. replanteo novos predios de concentración parcelaria na zona de Gastrar. (Boqueixón-A Coruña). C-96010 RF-2244.

Orzamento: 1.297.576 ptas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación: non se precisa.

-Título do proxecto: A.T. replanteo novos predios resultantes da concentración parcelaria na zona de Carrés. (Cesuras-A Coruña). C-96011 RF-2230.

Orzamento: 1.656.480 ptas.

Prazo de execución: sete (7) meses.

Clasificación: non se precisa.

-Título do proxecto: A.T. replanteo novos predios de concentración parcelaria na zona de Rodeiro-Bandoxa. (Oza dos Ríos-A Coruña). C-96012 RF-2107.

Orzamento: 7.619.808 ptas.

Prazo de execución: catorce (14) meses.

Clasificación: non se precisa.

-Título do proxecto: A.T. replanteo novos predios de concentración parcelaria na zona de Escravitude I e II. (Padrón-A Coruña). C-96013 RF-2182.

Orzamento: 3.533.824 ptas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación: non se precisa.

-Título do proxecto: A.T. bases definitivas de concentración parcelaria na zona de San Vicente e Santa María de Vigo. (Carral-Cambre-A Coruña). C-96015 BD-2054.

Orzamento: 4.980.603 ptas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación: non se precisa.

-Título do proxecto: A.T. replanteo novos predios de concentración parcelaria na zona de Serantes. (Laxe-A Coruña). C-96022 RF-2063.

Orzamento: 1.987.776 ptas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación: non se precisa.

-Título do proxecto: A.T. proxecto e levantamento dos camiños na zona de concentración parcelaria de Lestedo. (Boqueixón-A Coruña). C-96023 LC-2257.

Orzamento: 4.155.791 ptas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación: non se precisa.

-Título do proxecto: A.T. proxecto e levantamento dos camiños de concentración parcelaria na zona de Barazón. (Santiso-A Coruña). C-96024 LC-2114.

Orzamento: 4.846.074 ptas.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación: non se precisa.

-Título do proxecto: A.T. levantamento dos camiños de concentración parcelaria na zona de Cacheiras-Recesende. (Teo-A Coruña). C-96025 LC-2259.

Orzamento: 4.558.053 ptas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación: non se precisa.

-Título do proxecto: A.T. levantamento dos camiños de concentración parcelaria na zona de Sarandóns. (Abegondo-A Coruña). C-96026 LC-2260.

Orzamento: 2.486.211 ptas.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación: non se precisa.

-Título do proxecto: A.T. proxecto e levantamento dos camiños de concentración parcelaria na zona de Vilanova-Merín. (Vedra-A Coruña). C-96027 LC-2261.

Orzamento: 4.473.324 ptas.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación: non se precisa.

-Título do proxecto: A.T. levantamento dos camiños de concentración parcelaria na zona de Xavestre. (Trazo-A Coruña). CO96/213.028 LC-2181.

Orzamento: 2.348.088 ptas.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación: non se precisa..

A Coruña, 12 de marzo de 1996.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

2276