Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 27 de marzo de 1996 Páx. 2.884

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1996, da Delegacion Provincial da Coruña, pola que se anuncia a licitacion de obras número 1/1996, mediante o sistema de poxa, procedemento aberto.

A Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Coruña resolve convoca-la seguinte licitación de obras polo sistema de poxa, procedemento aberto.

1. Obxecto: contratación da execución das obras que figuran na relación adxunta, de acordo cos proxectos e pregos aprobados.

O orzamento, prazo de execución das obras e clasificación dos contratistas serán os que se sinalan na relación.

2. Fianza provisional: exenta.

3. Exposición de pregos e proxecto: estarán de manifesto nos Servicios de Contratación e de Estructuras e Desenvolvemento Rural desta delegación (edificio administrativo Monelos-Praza Luis Seoane, s/n, 3º e 6º andar, A Coruña), de 9 a 14 horas, durante o prazo de presentación de proposicións.

4. Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación desta resolución e rematará ás 12 horas do vixésimo sexto día seguinte que non cadre a sábado.

5. Lugar de presentación de proposicións: o rexistro da delegación provincial e na forma legalmente establecida (artigo 100 RXC).

6. Documentación que deberán presenta-los licitadores: a que se sinala nos pregos de claúsulas administrativas particulares.

7. Apertura de proposicións: ás 10 horas do décimo día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións, que non cadre en sábado.

8. Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

-Título proxecto: rede de camiños de concentración parcelaria de Probaos. Cesuras-A Coruña. CO96/212.001. X-3330.

Orzamento: 95.153.478 ptas.

Prazo de execución: dezasete (17) meses.

Clasificación dos contratistas: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

-Título do proxecto: acondicionamento de predios na zona de concentración parcelaria de Seré. As Somozas-A Coruña. CO96/212.002 X-3455.

Orzamento: 30.268.911 ptas.

Prazo de execución: catorce (14) meses.

Clasificación dos contratistas: grupo A, subgrupo 1, categoría c.

-Título do proxecto: camiños secundarios na zona de concentración parcelaria de Santa María de Arzúa-A Mella-Viladavil. Arzúa-A Coruña. CO96/212.016 X-3382.

Orzamento: 64.160.478 ptas.

Prazo de execución: dezasete (17) meses.

Clasificación dos contratistas: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

-Título do proxecto: camiños na zona de concentración parcelaria de Frades. Frades-A Coruña. CO96/212.017 X-3627.

Orzamento: 55.425.226 ptas.

Prazo de execución: dezasete (17) meses.

Clasificación dos contratistas: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

-Título do proxecto: rede de camiños de concentración parcelaria da zona de Gafoi. Frades-A Coruña. CO96/212.018 X-3489.

Orzamento: 42.462.994 ptas.

Prazo de execución: dezasete (17) meses.

Clasificación dos contratistas: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

-Título do proxecto: acondicionamento de predios da zona de concentración parcelaria de Ribadulla. Santiso-A Coruña. CO96/212.019 X-3589.

Orzamento: 14.252.629 ptas.

Prazo de execución: catorce (14) meses.

Clasificación dos contratistas: non se precisa.

-Título do proxecto: acondicionamento de predios e camiños na zona de concentración parcelaria de Aiazo. Frades-A Coruña. CO96/212.020 X-3576.

Orzamento: 20.748.326 ptas.

Prazo de execución: catorce (14) meses.

Clasificación dos contratistas: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

-Título do proxecto: acondicionamento de predios e camiños da rede de concentración parcelaria de San Mamede e San Breixo de Ferreiros. O Pino-A Coruña. CO96/212.021 X-3568.

Orzamento: 15.574.382 ptas.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación dos contratistas: non se precisa.

A Coruña, 12 de marzo de 1996.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial de A Coruña

2246