Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 27 de marzo de 1996 Páx. 2.884

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CÉDULA de notificación do 7 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, Servicio de Consumo, pola que se comunica o estado do expediente 15-116/1995.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan as fases nas que se atopan os expedientes contra eles instruídos polo Servicio de Consumo da Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña, por incumprimento do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño (BOE do 15 de xullo), no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

Nome: J.C. Revestimientos y Construcciones S.L.

NIF: 15.443.427-B

Expediente: 15-116/95

Prazo: dez días.

Trámite: iniciación.

Os ditos interesados dispoñen do prazo que en cada caso se indica, contado a partir da publicación do presente edicto, para que poidan examina-lo expediente na Delegación de Industria e Comercio da Coruña, edificios múltiples, andar 2º, praza de Luis Seoane, s/n., e presentar perante a dita delegación as alegacións que consideren pertinentes conforme o disposto na citada Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 7 de febreiro de 1996.

Juan Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2245