Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 27 de marzo de 1996 Páx. 2.883

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se acorda dar publicidade ó acordo do 29-6-1995, da Comisión Galega de Medio Ambiente, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación de granito ornamental da concesión derivada do permiso de investigación denominado Cruz número 2478.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro), de avaliación do impacto ambiental para Galicia, o delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra,

RESOLVE:

Dar publicidade, mediante a presente publicación, ó acordo do 29-6-95, da Comisión Galega de Medio Ambiente, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación de granito ornamental da concesión derivada do permiso de investigación denominado Cruz nº 2478, sita en terreos do termo municipal de Ponteares, provincia de Pontevedra, promovido por Alfonso Sabino Gándara e Saturnino Fernández Álvarez.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, á explotación do espacio delimitado polos paralelos 42º 12' 20'' e 42º 12' 40'' norte, e polos meridianos 8º 30' 20'' e 8º 30' 00'' oeste, e foi incorporada

ó expediente do permiso de investigación Cruz nº 2478, o cal se atopa a disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevedra, 29 de febreiro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

1742