Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 27 de marzo de 1996 Páx. 2.883

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita e se declara a súa utilidade pública. (Expediente número IN407A 7-3/1996 A.T. (modificado)).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, e artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización dunha

instalación eléctrica de alta tensión, que ten como características principais as que se sinalan a seguir:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. r/ Fernando Macías, 2, 15004 A Coruña.

Situación: S. Cibrao das Viñas-O Carballiño (Ourense).

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio no sector, segundo o Plan MEGA.

Características principais: liña aérea, a 132 kV. de 27.370 m de lonxitude, en conductor LA 180 (contando en todo o percorrido cun cable de 16 fibras ópticas), simple circuíto, sobre apoios metálicos e de formigón, derivada desde a subestación de San Cibrao das Viñas e rematará na subestación do Carballiño, percorrendo os concellos de Ourense, Barbadás, Amoeiro, Punxín e Maside (Ourense).

Orzamento: 379.293.460 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial (Curros Enríquez, 1-4º, Ourense), e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se coiden oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Ourense, 28 de febrero de 1996.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

1745