Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 27 de marzo de 1996 Páx. 2.883

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/191-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña

Denominación: L.M.T., C.T. Vilar do Castro (2ª fase).

Situación: Rois.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV que parte da L.M.T. Aguasantas-Vilachán (expediente 52524) e final no C.T. que se vai construír de 50 kVA aéreo no lugar de Vilar de Castro, concello de Rois.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 19 de febreiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-1997