Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 26 de marzo de 1996 Páx. 2.853

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 1996 pola que se anuncia, polo sistema de concurso aberto, trámite de urxencia, a contratación das obras: restauración das cubertas da catedral de Tui (Pontevedra); acondicionamento do arquivo catedralicio de Ourense; reparación das cubertas do conxunto catedralicio na Santa Igrexa Catedral de Mondoñedo (Lugo); restauración das cubertas do edificio claustral da catedral de Santiago de Compostela (A Coruña); restauración da capela de San Salvador (Capela do Ciprés), Samos (Lugo); proxecto de restauración do cubo LXXVII e accesos exteriores da muralla de Lugo e restauración das cubertas das capelas absidais da catedral de Santiago de Compostela (A Coruña).

A Consellería de Cultura, unha vez cumpridos-os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, as obras que se citan:

-Restauración das cubertas da catedral de Tui (Pontevedra):

Orzamento de licitación: 63.092.530 ptas. (sesenta e tres millóns noventa e dúas mil cincocentas trinta pesetas) IVE incluído.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación requirida: grupo K, subgrupo 7, categoría d.

-Acondicionamento do arquivo catedralicio de Ourense:

Orzamento de licitación: 24.017.510 ptas. (vintecatro millóns dezasete mil cincocentas dez pesetas) IVE incluído.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación requirida: grupo K, subgrupo 7, categoría c.

-Reparación das cubertas do conxunto catedralicio na Santa Igrexa Catedral de Mondoñedo (Lugo):

Orzamento de licitación: 37.776.989 ptas. (trinta e sete millóns setecentas setenta e seis mil novecentas oitenta e nove pesetas) IVE incluído.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación requirida: grupo K, subgrupo 7, categoría d.

-Restauración das cubertas do edificio claustral da catedral de Santiago de Compostela (A Coruña):

Orzamento de licitación: 36.601.153 ptas. (trinta e seis millóns seiscentas unha mil cento cincuenta e tres pesetas) IVE incluído.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación requerida: grupo K, subgrupo 7, categoría d.

-Restauración da capela de San Salvador (Capela do Ciprés), Samos (Lugo):

Orzamento de licitación: 5.582.896 ptas. (cinco millóns cincocentas oitenta e dúas mil oitocentas noventa e seis pesetas) IVE incluído.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación requirida: grupo K, subgrupo 7, categoría b.

-Proxecto de restauración do cubo LXXVII e accesos exteriores da muralla de Lugo:

Orzamento de licitación: 27.568.067 ptas. (vintesete millóns cincocentas sesenta e oito mil sesenta e sete pesetas) IVE incluído.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación requirida: grupo K, subgrupo 7, categoría c.

-Restauración das cubertas das capelas absidais da catedral de Santiago de Compostela (A Coruña):

Orzamento de licitación: 12.140.611 ptas. (doce millóns cento corenta mil seiscentas once pesetas) IVE incluído.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación requerida: grupo K, subgrupo 7, categoría c.

Nas devanditas obras non se esixe fianza provisional.

Exposición dos proxectos: os proxectos e pregos de cláusulas administrativas estarán de manifesto

no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados a partir da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe dos anuncios dos presentes concursos correrán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 1996.

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral da Consellería de Cultura

2235