Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 26 de marzo de 1996 Páx. 2.854

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso, da subministración dunha fotocopiadora para a Área de Servicios Sociais.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso público, procedemento aberto, para a seguinte contratación:

1. Obxecto do contrato: a subministración dunha fotocopiadora para a Area de Servicios Sociais de Lugo.

2. Prazo de execución: un mes contado a partir da data de sinatura do contrato.

3. Orzamento do contrato: 2.671.480 ptas.

4. Exposición de documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares, o de prescricións técnicas e demais documentación complementaria, poderán examinarse no Servicio de Xestión Económica da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, rúa Montevideo, nº 9, durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 10 ás 14 horas, en días hábiles

agás sábados. Así mesmo, poderán examinarse no servicio de administración e xestión económica da Dirección Xeral de Servicios Sociais e nos servicios de xestión económica das restantes delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

5. Documentación que presentarán os licitadores: a esixida na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Fianza provisional: 53.430 ptas.

7. Solvencia económica, financeira e técnica: acreditarana os licitadores de conformidade co previsto na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de proposicións: efectuarase no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, en sobres pechados e en horario de 9 a 14 horas, ou ben por Correo con xustificación da data de imposición e a comunicación o mesmo día ó organo de contratación mediante telegrama ou telefax.

9. Prazo de presentación de proposicións: será de 26 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

10. Criterios de adxudicación: os establecidos no apartado 9 da folla de especificacións.

11. Apertura de proposicións: realizaraa a mesa de contratación a partir das 11 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo. Se coincidese en sábado ou festivo terá lugar o día hábil seguinte á mesma hora.

12. Os gastos derivados deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Lugo, 5 de marzo de 1996.

Luis Abades Álvarez

Delegado provincial

9601911