A Dirección Xeral de Transportes, de conformidade coa Resolución do 19 de marzo de 1996 da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda, anuncia o seguinte concurso:
Obxecto: concurso de adquisición dunha fotocopiadora.
Orzamento: 2.500.000 ptas.
Prazo de entrega: 1 mes.
Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescripcións técnicas, estarán de manifiesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da Dirección Xeral de Transportes, durante o prazo de presentación de proposicións, tódolos días laborais, agás sábados, durante as horas hábiles de oficina.
Modelo de proposición: proposición económica, formulada estrictamente conforme o modelo que se achega no anexo número 1 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser entregadas en man, no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, desde as 9 h ás 14 h, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.
Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta, mediante télex o telegrama, no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado redactado polo Real decreto 2528/1986, do 28 de novembro.
Plazo de presentación: será de vinteseis (26) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Apertura de proposicións:
1. Lugar: na sala de xuntas da Dirección Xeral de Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Praza de Europa, 5 A (2º andar), Área Central-As Fontiñas, Santiago de Compostela.
2. Día e Hora: ás 11 horas do quinto día natural, que no sexa sábado, seguinte á data do termo do prazo de presentación de proposicións.
Documentos que deben presenta-los licitadores: os que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares, segundo as circunstancias de cada licitador.
Será por conta do adxudicatario o gasto ocasionado pola inserción da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 19 de marzo de 1996.
Juan Carlos Villarino Tejada
Director xeral de Transportes
2238