Orzamento máximo: 101.952.000 pesetas, IVE incluído.
Prazo de execución: do 1-6-1996 ata o 31-5-1997, doce meses.
Fianza provisional: 2.039.040 pesetas.
Fianza definitiva: 4.078.080 pesetas.
Forma de tramitación: ordinaria.
Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do vixesimosexto día natural a partir do seguinte ó da publicación deste concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
Documentación que deben presentar os licitadores:
* No sobre da documentación xeral, a establecida na cláusula 8.3 do prego de cláusulas administrativas.
* No sobre da proposición económica, a establecida na cláusula 8.4 do prego de cláusulas administrativas.
* No sobre das referencias técnicas, a establecida na cláusula 8.5 do prego de cláusulas administrativas.
Clasificación esixida: grupo III, subgrupo 3, categoría C.
Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nunha das salas de xuntas da Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, ás 12 horas do décimo primeiro día natural, que non coincida en sábado ou festivo, a partir do seguinte ó do peche do prazo de presentación de proposicións.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e o de prescricións técnicas estarán a disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, nas dependencias da Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente, rúa Algalia de Arriba, nº 31, Santiago de Compostela.
Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 11 de marzo de 1996.
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral para a Protección Civil
e o Medio Ambiente
1932