Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 26 de marzo de 1996 Páx. 2.848

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (122/1995).

Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela.

Fai saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo nº 122/1995, a pedimento do procurador García-Piccoli Atanes, en representación de Banco Central Hispanoamericano, contra Thoiga, S.L., Carlos Fernando Millares Alvarez e Brígida María Esther Basadre Rivas sobre reclamación de cantidade, e nas súas actuacións, acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e logo de valoración por perito, os bens embargados que ó final se describen.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado , o día sete de maio, ás 10.15 horas, consonte as seguintes condicións:

1.-O tipo do remate será de 1.470.000 pesetas, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2.-Para poder tomar parte na licitación, deberán os licitadores consignar previamente na conta de depósitos deste xulgado, conta nº 1500-17-012295, o 20% do tipo de remate.

3.-Poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na conta designada o vinte por cento do tipo do remate.

4.-Reservaranse en depósito a pedimento do acredor as consignacións dos ofertantes que non resultasen rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que o sigan pola orde das súas respectivas ofertas.

5.-Os títulos de propiedade, suplidos por certificación de rexistro, atópanse de manifesto na secretaría do xulgado e os licitadores deben conformarse con eles, sen que poidan esixir outros.

6.-As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, quedarán subsistentes e sen cancelar, e entenderase que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro día 11 de xuño, ás 10.15 horas, nas mesmas condicións cá primeira, agás o tipo de remate, que será do 75% da primeira; e, no caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 11 de xullo, ás 10,15 horas, e rexerán para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

Bens obxecto de poxa

Cuarta parte indivisa dun predio a toxeira chamado Cerro, sito na parroquia de Herbón, concello de Padrón, de 14 ferrados ou 58 áreas, 80 centiáreas e que linda: norte, muro que a separa de monte común; sur, camiño de carro, muro en medio; leste, de Josefa Bentrón; e oeste, de herdeiros de Manuel Chacón. Inscrita no Rexistro da Propiedade de

Padrón, no tomo 307, libro 74 de Padrón, folio 162, predio 5638.

Santiago de Compostela, vinteoito de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

1931