Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 26 de marzo de 1996 Páx. 2.847

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (165/1994).

Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela.

Fai saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo nº 165/1994, a pedimento do procurador Regueiro Muñoz, en representación de

Roberto Peñamaría Basanta contra Viviendas Mahía, S.A., sobre reclamación de cantidade, e nas súas actuacións, acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e logo de valoración por perito, os bens embargados que ó final se describen.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, o día sete de maio, ás 10 horas, consonte ás seguintes condicións:

1.-O tipo do remate será de 2.200.000 pesetas, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2.-Para poder tomar parte na licitación, deberán os licitadores consignar previamente na conta de

depósitos deste xulgado, conta nº 1500-15-016594, o 20% do tipo de remate.

3.-Poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na conta designada o vinte por cento do tipo do remate.

4.-Reservaranse en depósito a pedimento do acredor as consignacións dos ofertantes que non resultasen rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que lle sigan pola orde das súas respectivas ofertas.

5.-Os títulos de propiedade, suplidos por certificación de rexistro, atópanse de manifesto na secretaría do xulgado e os licitadores deben conformarse con eles, sen que poidan esixir outros.

6.-As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, quedarán subsistentes e sen cancelar, e entenderase que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro día 11 de xuño, ás 10 horas, nas mesmas condicións cá primeira, agás o tipo de remate, que será do 75% da primeira; e, no caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 11 de xullo de 1996, ás 10 horas, e rexerán para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

Sírvalle o presente edicto de notificación á demandada Viviendas Mahía S.A., para o suposto de que o seu domicilio fose decoñecido.

Bens obxecto de poxa:

Rústica. Toxeira, da superficie de once áreas, no sitio de Tallo do Cotón, en termos da parroquia de Ortoño, concello de Ames. Linda: norte: María Josefa Verde Iglesias; sur: Dolores Patiño; leste: Fernando Vidal, muro en medio; e oeste: Manuel Vilas. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira, no tomo 772, libro 195 de Ames, folio 30, predio 19.057.

Santiago de Compostela, vinteoito de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

96-1823