Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:
-Solicitante: Electra Fuciños Rivas, S.L.
-Enderezo social: Ronda da Coruña, 36, 15800 Melide.
-Denominación: C.T. e R.B.T. de Niñodaguía.
-Situación: Niñodaguía-Santiso.
-Descripcións técnicas: reforma C.T. tipo caseta, a 20 kV, denominada Portocelo e a súa rede de baixa tensión de 2.150 m en conductor R.Z. Concello de Santiso.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 5 de febreiro de 1996.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
96-1534