Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 26 de marzo de 1996 Páx. 2.810

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 129-1/1995).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

-Solicitante: Electra Fuciños Rivas, S.L.

-Enderezo social: Ronda da Coruña, 36, 15800 Melide.

-Denominación: L.M.T. Mosteiro-Niñodaguia-Choren e L.M.T., C.T., R.B.T. Barazón.

-Situación: Santiso (A Coruña).

-Descripcións técnicas: L.M.T. aérea, a 15/29 kV, de 2.479 m de lonxitude, en conductor tipo LA-30, que parte do C.S. de Mosteiro e remata no C.T. de Choren. L.M.T. aérea, a 15/20 kV, de 721 m de lonxitude, en LA-30, que parte do apoio nº 23 da L.M.T. anterior e remata no C.T. de Barazón grande

de 100 kVA e acoplamento á rede de baixa tensión. Concello de Santiso.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 5 de febreiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-2003