Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.789

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1996, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que que se anuncia a contratación polo procedemento aberto mediante concurso da subministración de impresos de autoliquidaciòn de taxas con destino á Consellería de Economía e Facenda.

A Consellería de Economía e Facenda convoca o concurso polo procedemento aberto para a contratación da subministración de impresos de autoliquidación de taxas con destino á Consellería de Economía e Facenda.

Entidade adxudicataria: Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio. San Caetano, 15704 Santiago de Compostela. Tfno: 54 41 34.

Modalidade: concurso público polo procedemento aberto.

Obxecto: subministración de impresos de autoliquidación de taxas con destino á Consellería de Economía e Facenda.

Orzamento máximo: catro millóns de pesetas (4.000.000), IVE incluído.

Forma de pagamento: por transferencia logo da presentación de factura e conformidade na entrega por parte do órgano de contratación.

Prazo de execución: tres días hábiles contados a partir da data de cada pedido que efectúe a Administración.

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación, oitenta mil pesetas (80.000).

Documentación de interese para os licitadores: estará a disposición dos licitadores durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9 ás 14 horas, no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda (edificio administrativo San Caetano en Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións: as proposicións elaboraranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares e deberanse presentar en man no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, antes das 14 horas do vixésimo sexto día seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que teñen que presenta-os licitadores: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: a mesa de contratación procederá á apertura das proposicións económicas en acto público ó que poderán asisti-los licitadores e os seus representantes, nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, en San Caetano (Santiago de Compostela) ás 11 horas do cuarto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da finalización do prazo de presentación das proposicións.

O importe do anuncio de licitación será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 1996.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

1647