Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.789

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación (481/1994).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro dos da Coruña.

Fai saber que ante este xulgado se seguen autos co número 481/1994 e acumulados, execución 26/1995, por instancia de Manuel Romero Otero e outro contra as empresas Samepo, S.A. e Dartclaim Limted, sobre salarios, nos que no día da data se dictou resolución que di textualmente na súa parte dispositiva:

«A maxistrada-xuíza do social número catro da Coruña, Beatriz Rama Insua, acorda continua-la execución contra a empresa Dartclaim Limited e emitida contra a empresa Samepo, S.A., a quen se requirirá para que satisfaga a cantidade de duascentas setenta e nove mil oitocentas setenta e sete pesetas, que se reclama de principal e os xuros que se devenguen desde a sentencia ata o momento do pagamento ó 11% anual, máis gastos e custas, e, de non verificalo no acto, requiriráselle ó executado ou ós seus administradores ou representantes, de tratarse de persoas xurídicas ou grupos sen personalidade a que, no prazo máximo de tres días hábiles a contar desde a notificación deste auto, de non ter aboado a total cantidade obxecto de constrinximento, efectúe manifestación sobre os seus bens ou dereitos coa precisión necesaria para garanti-las súas responsabilidades, e deberá, así mesmo, indica-las persoas que ostenten dereitos de calquera natureza sobre os seus bens e de estaren suxeitos a outro

proceso, concreta-los extremos deste que poidan interesar á execución. Advírtase ó executado que se deixa transcorrer inxustificadamente os prazos concedidos nos anteriores requirimentos sen efectua-lo ordenado e mentres non cumpra ou no acredite a imposibilidade de facelo, co fin de obter e asegura-lo cumprimento da obrigación que se executa, poderase, tras audiencia das partes, imporlle o aboamento de premas o pecuniarias de ata 100.000 ptas. por cada día que se atrase na entrega das sumas de diñeiro obxecto da prema ou no cumprimento das obrigas legais que se lle impoñen na presente resolución xudicial. En virtude dos artigos 270 da L.O.P.X., 23 e 273 da L.P.L., notifíquese este auto

ó fondo de garantía salarial, e deberá, nun prazo máximo de quince días, insta-lo que conveña ó seu dereito e designa-los bens do debedor principal que lle consten. De non efectua-lo aboamento nos prazos sinalados, procédase ó embargo de bens da súa propiedade na contía suficiente para cubri-las ditas sumas; a presente resolución de mandamento en forma para a comisión executiva. Notifíquese esta resolución ás partes, e fáiselles saber que contra ela se pode interpor recurso de reposición no prazo de tres días. Así o dispoño, asino e dou fe. Beatriz Rama Insua. Asinado. Ana María Carrasco García. Asinado.».

Para que conste e para inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación ás empresas Dartclaim Limited e Samepo, S.A., expido, selo e asino a presente cédula na Coruña o dezaoito de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria-xudicial

Rubricado

9601873