Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.790

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación do contrato das obras RC-AC-95.08 e RC-AC-95.09.

En cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e segundo a desconcentración de competencias ós delegados provinciais, do Decreto 87/1990, do 15 de febreiro, faise pública a adxudicación dos contratos que se relacionan a continuación:

Obra: RC-AC-95.08. Proyecto de mellora e alargamento de pontes na travesía de Arteixo.

Empresa: Cons. Cernadas, S.L.

Orzamento adxudicación: 12.707.511 ptas.

Obra: RC-AC-95.09. Acondicionamento e mellora da LC-211 na travesía de Fonteculler-Haciadama. 1ª Fase.

Empresa: Cons. López Cao, S.L.

Orzamento adxudicación: 16.169.391 ptas.

A Coruña, 22 de febreiro de 1996.

P.D. (O. 30-1-1996)

Jesús Almuíña Loeda

Delegado provincial da Coruña

1259