Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.766

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 121/1996, do 14 de marzo, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Fene (A Coruña), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de mellora de servicio na rúa da Fraga, desde o río ata a estrada N-651, primeira fase.

O Concello de Fene (A Coruña), en sesión celebrada o día 2 de febreiro de 1995, aprobou o proxecto de mellora de servicio na rúa da Fraga, desde o río ata a estrada N-651, primeira fase e na sesión do 2 de maio de 1995 acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. O concello remitiu documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 5 de febreiro de 1996 co número 1054.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 7 de xullo 1996, nº 6414.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque a realización da obra de mellora de servicio na rúa da Fraga, desde o río ata a N-651, primeira fase, vén motivada pola mellora dos servicios na estrada da Fraga, debido ós problemas que actualmente se presentan, tanto pola falla de sección, como pola súa situación, polo que é necesario acometer unha nova ordenación dos bordos, co fin de adaptalos ó plan xeral. E así no proxecto técnico xa reformado recóllense xa a solución do grave problema que ten na zona a rede de saneamento, para o cal se vai amplia-la sección da rede e a separa-lo que son pluviais do que son augas fecais e a conexión destas

ós colectores existentes. Así mesmo mellórase a rede de abastecemento de auga, mellora de calzada e dotación de zonas de aparcamento de vehículos, adaptando todo isto á sección establecida no vixente plan xeral de ordenación. Trátase pois de dota-la zona dos servicios imprescindibles, e en condicións adecuadas, o que supón unha evidente mellora das condicións tanto de salubridade pública como de seguridade vial, ó evita-las continuas inundacións da rúa, que se producen coa enchenta do río na época de chuvias. A execución das obras de mellora de servicios da rúa obxecto de expropiación, non está incluída en unidades de actuación ou execución, nin se encontra dentro da delimitación de polígono urbanístico, polo que a expropiación forzosa é o único mecanismo de que dispón esta Corporación para adquiri-los terreos afectados.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de marzo de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, polo Concello de Fene (A Coruña) para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de mellora de servicio na rúa da Fraga, desde o río ata a estrada N-651, primeira fase.

Santiago de Compostela, catorce de marzo de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

96-987