Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.766

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 23 de febreiro de 1996 pola que se aproba o cambio de dominio da batea J.D. número 2.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio), e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Xurídico e de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome do viveiro: J.D. Nº 2.

Cultivo: mexillón.

Localización: cuadrícula nº 21, Cambados «H».

Data da concesión: 6-4-1968 (BOE nº 111).

Data do remate da última prórroga: 10-5-1996.

Anterior concesionario: Dolores Dios Otero.

Novo titular concesión: José Luis Otero Besada.

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 23 de febreiro de 1996.

P. D. (Orde 27-6-1990)

Juan M. López García

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

2136