Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.767

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector de establecementos sanitarios.

Visto o expediente do convenio colectivo do sector de establecementos sanitarios, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 11-1-1996, subscrito en representación da parte económica pola asociación de empresarios de centros sanitarios da Coruña e pola parte social por Unión Xeral de Traballadores, Comisións Obreiras e Confederación Intersindical Galega, o día 29-12-1995, de conformidade co disposto no Art. 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de

marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da Comisión Negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de xaneiro de 1996.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Convenio colectivo provincial de establecementos sanitarios de hospitalización, asistencia, consulta e laboratorios de análises clínicas da Coruña. Sanidade privada.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio será de aplicación en toda a provincia da Coruña e establece as normas básicas e regula as condicións mínimas de traballo entre as empresas destinadas a establecementos sanitarios de hospitalización, asistencia, consulta e laboratorio de análises clínicas, coa soa excepción das institucións da Seguridade Social.

Artigo 2º.-Ámbito funcional.

O presente convenio provincial regula as condicións de traballo entre as empresas que desenvolvan a súa actividade dentro do grupo de establecementos sanitarios de hospitalización, asistencia, consulta e laboratorios de análises coa soa excepción das institucións á Seguridade Social.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

A duración deste convenio será de 12 meses, desde o 1 de xaneiro de 1995 ata o 31 de decembro de 1995, prorrogándose tacitamente a súa vixencia de ano en ano, se ningunha das partes o denunciase coa antelación mínima de tres meses da data de expiración deste.

Aínda que a publicación se produza con posterioridade, os efectos económicos retrotraeranse, en todo caso, ó 1 de xaneiro de 1995.

Artigo 4º.-Revisión salarial.

Ano 1994: revisión da táboa salarial en 4% puntos.

Artigo 5º.-Vinculación á totalidade.

O presente convenio constitúe un todo orgánico e as partes quedan vinculadas ó cumprimento na súa totalidade.

Se no proceso de homologación a autoridade competente modifica algunha das cláusulas da súa actual redacción, a comisión negociadora deberá reunirse para considerar se cabe modificación, mantendo a vixencia do resto do articulado do convenio e se, polo contrario, a modificación de tal ou tales obriga a revisa-las condicións recíprocas que as partes fixeran.

Artigo 6º.-Garantía ad personam.

Por seren condicións mínimas as outorgadas neste convenio respectaranse ad personam as máis beneficiosas consideradas no seu conxunto e cómputo anual.

Artigo 7º.-Dereitos sindicais.

As empresas recoñeceran a tódolos sindicatos, debidamente implantados, como elementos básicos e consustanciais para afrontar a través deles as necesidades relacionadas entre traballadores e empresarios, sempre que estes teñan unha afiliación do 15%.

a) As empresas respectarán o dereito de tódolos traballadores a sindicarse libremente, admitirán que os traballadores afiliados a un sindicato poidan celebrar reunións, recadar cotas e distribuír información sindical, fóra das horas de traballo e sen perturba-la actividade normal das empresas.

Non poderán suxeita-lo emprego dun traballador á condición de que non se afilie ou renuncie á súa afiliación sindical, e tampouco despedir a un traballador ou perxudicalo de calquera outra forma a causa da súa afiliación ou actividade sindical.

Os sindicatos poderán remitir información a todas aquelas empresas nas que dispoñan de suficiente afiliación, co fin de que esta sexa distribuída fóra das horas de traballo e sen que o exercicio de tal práctica poida interrompe-lo proceso productivo. Tódolos centros disporán dun taboleiro de anuncios, nos que os sindicatos debidamente implantados poderán inserir comunicacións, remitindo copia á dirección da empresa.

b) Cota sindical: por requirimento dos traballadores afiliados a centrais sindicais ou sindicatos que ostenten a representación previa no parágrafo anterior, as empresas descontarán na nómina mensual dos traballadores o importe da cota sindical correspondente. O traballador interesado en tal operación remitirá á dirección da empresa un escrito no que expresará con claridade a orde do desconto, a central sindical ou sindicato ó que pertence, a contía da cota, así como o número da conta corrente á que debe ser transferida a dita cantidade. As empresas efectuarán as anteditas detraccións, agás indicación en contrario durante períodos dun ano. A Dirección da empresa entregará copia da transferencia ós representantes do sindicato.

c) Negociación colectiva: ós cargos de relevancia nacional das centrais implantadas nacionalmente e que participen nas comisións negociadoras dos con

venios, mantendo a súa vinculación como traballadores en activo dalgunha empresa, seranlles concedidos permisos retribuídos por estas, co fin de facilita-lo seu labor como negociadores e durante o transcurso da antedita negociación, sempre que á empresa lle afecte a negociación en cuestión.

d) Excedencias: poderán solicita-la situación de excedencia aquel traballador que ostente cargo sindical de relevancia provincial a nivel de secretrio do sindicato respectivo e nacional, en calquera das súas modalidades. Permanecerá en tal situación mentres se atope no exercicio do dito cargo, reincorporándose á súa empresa se o solicitase no termo dun mes, ó termina-lo desempeño deste. En empresas con cadro de persoal superior a 50 traballadores os afectados polo termo da súa excedencia cubrirán a primeira vacante que do seu grupo profesional se produza no seu cadro de persoal de pertenza, agás pacto individual en contrario.

e) Asembleas: o número de asembleas de traballadores que poderán celebrarse nas condicións previstas no artigo 78 do Estatuto dos traballadores, será de seis (6) ó ano, e poderán distribuirse as datas da súa celebración na forma que aqueles consideren máis conveniente. O disposto no parágrafo anterior entenderase sen prexuízo dos que establece o último parágrafo do referido artigo 78.

Artigo 8º.-Comité de empresa.

O comité de empresa é o órgano representativo e colexiado do conxunto dos traballadores na empresa ou centro de traballo para a defensa dos seus intereses.

Sen prexuízo dos dereitos e facultades concedidos polas leis recoñecéselles ós comités de empresa as seguintes funcións:

A ser informados pola dirección da empresa.

a) Trimestralmente sobre a evolución xeral do sector económico ó que pertence a empresa, sobre a evolución dos negocios e a situación da producción e vendas da entidade, sobre o seu programa de producción e evolución probable do emprego da empresa.

b) Anualmente, coñecer e ter á súa disposición o balance, a conta de resultados, a memoria e, en caso de que a empresa revista a forma de sociedade por accións ou participacións, de cantos documentos se lles dean a coñecer ós socios.

c) Con carácter previo á súa execución pola empresa, sobre as restructuracións e as reduccións de cadro de persoal e sobre os plans de formación profesional da empresa.

d) En función da materia que se trate:

1) Sobre a implantación ou revisión do sistema de organización do traballo e calquera das súas posibles consecuencias. Estudios de tempo, establece

mentos de sistemas de primas ou incentivos e valoración de postos de traballo.

2) Sobre a fusión, absorción ou modificación do status xurídico da empresa, cando iso supoña calquera incidencia que afecte ó volume de emprego.

3) O empresario facilitaralle ó comité de empresa o modelo ou modelos de contrato de traballo que habitualmente utilice, e estará lexitimado o comité para efectua-las reclamacións oportunas entre a empresa, e se é o cso, á autoridade laboral competente.

4) Sobre sancións impostas por faltas moi graves e en especial, en supostos de despedimentos.

5) No referente ás estatísticas sobre o índice de absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais e as súas consecuencias, os índices de sinistrabilidade, o movemento de ingresos, cesamentos e ascensos.

b) Exercer un labor de vixilancia sobre as seguintes materias:

a) Cumprimento das normas vixentes en materia laboral e de Seguridade Social, así como o respecto ós pactos, condicións ou usos da empresa en vigor, formulando, se é o caso, as accións legais oportunas entre a empresa e os organismos ou tribunais competentes.

b) A calidade da docencia e da efectividade desta nos contratos de formación e capacitación da empresa.

c) As condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo na empresa.

d) Colaborar, como regulamentariamente se determine na xestión de obras sociais establecidas na empresa, en beneficio dos traballadores ou dos seus familiares.

e) Colaborar coa dirección da empresa para consegui-lo cumprimento de cantas medidas procuren o mantemento e o incremento da productividade da empresa.

f) Recoñecéselle ó comité de empresa capacidade procesual, como órgano colexiado, para exercer accións administrativas ou xudiciais en todo o relacionado ó ámbito das súas competencias.

g) Os membros do comité de empresa, e este no seu conxunto, observarán o sixilo profesional en todo o referente ós apartados a) c) do punto A) deste artigo, aínda despois de deixar de pertencer ó comité de empresa, e en especial, en todas aquelas materias sobre as que a dirección da empresa sinale expresamente de carácter reservado.

h) O comité velará non só porque nos procesos de selección de persoal se cumpra a normativa vixente ou pactada, senón tamén polos principios da non discriminación, igualdades de sexo e fomento dunha política racional de emprego.

Artigo 9º.-Garantías sindicais.

a) Ningún membro do comité de empresa ou delegado de persoal poderá ser despedido ou sancionado durante o exercicio das súas funcións nin dentro do ano seguinte ó seu exercicio ó seu cesamento, agás que este se produza por revogación ou dimisión e sempre que o despedimento ou a sanción se basee na actuación do traballador no exercicio legal da súa representación. Se o despedimento ou calquera outra sanción por supostas faltas graves ou moi graves obedecesen a outras causas, deberá tramitarse expediente contradictorio, no que será oído, a parte do interesado, o comité de empresa ou restantes delegados de persoal e delegado do sindicato ó que pertenza, no suposto de acharse recoñecido como tal na empresa.

Posuirán prioridade de permanencia na empresa ou centro de traballo respecto ós demais traballadores, nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.

b) Non poderán ser discriminados na súa promoción económica ou profesional por causa ou razón do desempeño da súa representación.

c) Poderá exerce-la liberdade de expresión no interior da empresa nas materias propias da súa representación, e poderán publicar ou distribuír sen perturba-lo normal desenvolvemento do proceso productivo, aquelas publicacións de interese laboral ou social, comunicándollo todo iso previamente á empresa e exercendo tales tarefas de acordo coa norma legal vixente para o efecto.

d) Disporán dun crédito de horas mensuais retribuídas, cada un dos mebros do comité ou delegados de persoal en cada centro de traballo, para o exercicio das súas reunións de representación, de acordo coa seguinte escala:

Traballadores-horas.

Hasta 100 traballadores - 15 horas.

De 101 a 250 traballadores - 20 horas.

De 251 a 500 traballadores - 30 horas.

De 501 a 750 traballadores - 35 horas.

De 750 traballadores en adiante - 40 horas.

Non se computará dentro do máximo legal de horas o exceso que sobre este se produza con motivo da designación de delegados de persoal ou membros do comité de empresa, como compoñentes de comisións negociadoras de convenios colectivos nos que sexan afectados e, polo que refire á celebración de sesións oficiais a través das cales trancorran tales negociacións e cando a empresa en cuestión se vexa afectada polo ámbito de negociación referido.

e) Sen supera-lo máximo legal, poderán ser consumidas as horas retribuídas de que dispoñen os membros do comité de empresa ou delegados de persoal, co fin de preve-la asistencia destes a cursos de formación ou outras actividades.

f) O total de horas retribuídas dos membros do comité de empresa a que se refire o apartado d)

poderá acumularse para ser desfrutado por un ou varios dos seus compoñentes sen supera-lo máximo total, sempre que medie acordo ó respecto do comité, debidamente comunicado á dirección da empresa con oito días de antelación ó mes de que se trate, e non supoña alteración grave do réxime laboral desta.

Artigo 10º.-Clasificación profesional.

O persoal a que se refire este convenio será clasificado nos grupos, subgrupos e categorías que figuran na táboa salarial anexa.

Tales categorías teñen carácter enunciativo e non implican a obriga de ter provistas todas elas, se a necesidade e volume do centro, non o regulasen.

Cando o traballador de inferior categoría realice funcións de categorías superiores ás que lle corresponden á súa categoría por un período superior a seis meses durante un ano ou oito meses durante dous anos, pode reclamar perante a dirección da empresa a categoría profesional adecuada, así mesmo, terá dereito á diferencia retributiva entre a categoría asignada e a función que efectivamente realice (Estatuto dos traballadores, artigo 23)(Ordenanza laboral artigo 30).

Artigo 11º.-Contrato de traballo.

O contrato de traballo celebrarase por escrito.

Deberán constar por escrito os escritos celebrados para a formación por tempo e para obra ou servicio determinado e os contratos a tempo parcial. De non observarse tal esixencia presumiranse celebrados por tempo indefinido.

En todo caso, calquera das partes poderá esixir que o contrato se formalice por escrito, incluso durante o transcurso da relación laboral.

Artigo 12º.-Período de proba.

Os ingresos que se acollan na empresa enténdense realizados a título de proba, a cal se rexerá pola seguinte escala:

Técnicos titulados: 6 meses.

Resto do persoal, excepto non cualificados: 1 mes.

Persoal non cualificado: 14 días laborables.

Ó persoal que supere o período de proba recoñeceráselle como data de antigüidade a de ingreso na empresa. En todo caso, o persoal en período de proba terá dereito á retribución e demais beneficios correspondentes á súa categoría.

Durante o período de proba, ambas partes poderán rescindi-lo contrato, sen previo aviso, e sen que teña por iso dereito a reclamación ou ningunha indemnización.

Artigo 13º.-Ascensos.

Todo o persoal da empresa terá igualdade de condicións e dereito de prefeferencia para cubri-las vacantes existentes en calquera dos grupos profesionais destas.

Os ascensos efectuaranse coas condicións seguintes:

a) Titulación adecuada.

b) Coñecemento do posto de traballo.

c) Entrevista persoal.

d) Superarán satisfatoriamente as probas que a empresa propoña, que serán adecuadas ó posto de traballo que se vai desempeñar.

Artigo 14º.-Licencias.

O traballador, logo do aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración polos motivos e tempos seguintes:

a) 15 días naturais por matrimonio.

b) 2 días por matrimonio de fillos.

c) 1 día por matrimonio de irmáns e cuñados.

d) 7 días en caso de falecemento do cónxuxe e de fillos de calquera dos cónxuxes.

e) 6 días por parto da esposa.

f) 6 días en caso de falecemnto de pais de calquera dos cónxuxes.

g) 1 día por matrimonio dos pais.

h) 2 días en caso de enfermidade grave ou intervención dos parentes a que se refiren os apartados anteriores, podendo ampliarse ata 7 días, cando por tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto.

i) 2 días por falecemnto dos avós, netos, tíos, sobriños, e curmáns que vivan no mesmo domicilio, senón 1 día.

j) 1 día ampliable a 2 por traslado de domicilio.

k) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber de carácter público e persoal, inexcusable.

l) Polo tempo indispensable debidamente xustificado, para someterse a exames en centros de ensino.

m) 5 días por falecemento de irmáns e cuñados.

Artigo 15º.-Vacacións.

Establécese un período de vacacións para todo o persoal das empresas afectadas por este convenio, que comprenderá trinta días naturais retribuídos conforme o promedio obtido polo traballador, por todos os conceptos, en xornada normal, nos tres meses anteriores á data de inciación destas.

Será estudiado polos diferentes departamentos de persoal dos diferentes centros, sempre que as necesidades así o permitan, establece-lo período vacacional e de forma rotatoria entre os meses de maio a setembro, ambos inclusive.

En todo caso, e con independencia do apartado anterior, as vacacions desfrutaranse preferentemente no período de abril a outubro en en quendas rotatorias por servicios.

Artigo 16º.-Excedencias.

A excedencia será de dúas clases: voluntaria e especial.

A excedencia voluntaria é a que comprende por motivos particulares do traballador e por instancia deste, sempre e cando leve traballando como mínimo un ano na empresa.

A petición de excedencia será resolta pola empresa no prazo máixmo dun mes, contado desde a data da presentación da solicitude.

Este dereito só poderá ser exercitado outra vez polo mesmo traballador, se transcorreron catro anos desde o fin da anterior excedencia.

O tempo de duración da excedencia voluntaria non poderá ser inferior a un ano, nin superior a cinco.

Solicitando o reingreso en tempo hábil polo traballador excedente, sen non existisen prazas vacantes da súa categoría, pero se doutra inferior á que antes desempeñaba, poderá ocupar unha das ditas prazas, respectándose as condicións laborais compatibles coa nova categoría e persistindo no seu dereito para ocupa-la primeira vacante que se produza na categoría ordinaria.

Tódolos traballadores terán dereito a desfrutar dunha licencia non retribuída non inferior a un mes e non superior a tres, con dereito a reserva do posto de traballo, podendo posporse o seu desfrute por necesidades de servicio.

Este permiso queda condicionado á non coincidencia co período vacacional.

O dito permiso non poderá ser utilizado para realiza-la actividade profesional noutros centros de traballo.

Artigo 17º.-Excedencia especial.

Producirase esta situación pola designación ou a elección para un cargo público ou de representación sindical, no caso previsto no artigo 7 deste convenio, cando a súa execución sexa incompatible coa prestación de servicios na empresa.

O persoal que se atope en situación de excedencia especial, terá dereito á reserva do posto de traballo e ó cómputo para efectos de antigüidade de todo o tempo de duración desta, e non percibirá durante tal período ningunha retribución.

Os excedentes especiais incorporaranse ós seus postos de traballo no prazo de trinta días naturais a partir do cesamento no cargo ou función.

Artigo 18º.-Salario base.

O soldo base é o que consta para cada categoría profesional na táboa salarial anexa para o presente convenio.

Artigo 19º.-Complemento persoal de antigüedade.

Todo o persoal afectado polo presente convenio percibirá por ese concepto un 5% do salario base por cada tres anos de servicios na empresa. A data

inicial para o cómputo da antigüidade será a de ingreso na empresa.

O importe de cada trienio comezará a devengarse desde o 1 do mes seguinte ó seu vencemento.

No caso de que os traballadores con contrato en prácticas ou de formación continuasen ó servicio da empresa ó terminar aquelas, computaráselles o tempo traballado en virtude de tales contratos para efectos de antigüidade.

Artigo 20º.-Complemento de traballo nocturno.

Este complemento consistirá no 25% do salario base. Considerarase traballo nocturno o comprendido entre as vintedúas horas e as seis horas do día seguinte. Se o tempo traballado dentro do período nocturno fose inferior a catro horas aboarase exclusivamente sobre as horas traballadas.

Artigo 21º.-Complemento de especialidade, toxicidade, peligrosidade e penosidade.

En razón da maior toxicidade, peligrosidade e penosidade establécese un complemento retribuído para todo o persoal que desempeñe traballos nalgunha das seguintes seccións ou departamentos: quirófano, radioelectroloxía, radioterapia, medicina nuclear, citostáticos, laboratorio de análises, unidade de cidadáns intensivos, hemodiálises, anatomía patolóxica.

A contía do complemento será do 15% do salario base.

Para ter dereito ó percibimento deste complemento será preciso que a dedicación do productor ó posto de traballo teña carácter exclusivo ou preferente e en forma habitual ou continuada. Considérase como continuada a dedicación nas actividades penosas, tóxicas e perigosas dun horario superior á media xornada.

Cando o destino ó posto non teña carácter habitual e continuado, só percibirá o complemento en razón dos días en que se desempeñen labores no dito posto e calquera que sexa o número de horas de dedicación a este durante a xornada.

Este complemento percibirase única e exclusivamente mentres o productor desempeñe a praza ou posto cualificcado e non suporá a consolidación persoal do dereito cando o productor que o veña percibindo sexa destinado a posto de traballo e cualificado como de especialidade.

As empresas comprométense a adopta-las medidas oportunas para reducir no posible a toxicidade, perigosidade e penosidade no desempeño da prestación polos traballadores.

Artigo 22º.-Gratificacións extraordinarias.

a) Unha paga extraordinaria polo 15 de xullo e outra de Nadal, o importe de cada unha delas será dunha mensualidade do salario base máis antigüidade, que se fará efectiva nos días hábiles inmediatamente anteriores ás expresadas datas.

b) Unha gratificación anual en concepto de premio de vinculación ou permanencia por importe dunha mensualidade do salario base máis antigüidade, que se cobrará durante o mes de outubro. Para ter dereito ó percibimento deste premio de vinculación, será preciso ter cumplido un ano de servicio na empresa.

Artigo 23º.-Horas extraordinarias.

A iniciativa do traballo en horas extraordinarias corresponden á empresa e á libre aceptación do traballador.

Terán a consideración de horas extraordinarias as que se realicen sobre a xornada laboral ordinaria. Aboaranse cun incremento do 75% sobre o salario que correspondese a cada hora ordinaria.

Ambas partes acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias, con arreglo ós seguintes criterios:

A) Horas extraordinarias habituais: supresión.

B) Horas extraordinarias que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, así como de risco de perda de materiais e materias primas: realización.

C) Horas extraordinarias necesarias por períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda e outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade que se trata: mantemento sempre que non caiba a utilización das distintas modalidades da contratación temporal ou parcial previstas pola lei.

Artigo 24º.-Xornadas de traballo.

A xornada de traballo para as empresas e traballadores afectados polo presente convenio será de corenta horas semanais, computándose o tempo de descanso (bocadillo) de 15 minutos como traballo efectivo.

Establecerase a xornada continuada durante os meses de xullo, agosto e setembro, para tódolos traballadores afectados por este convenio, coa excepción dos traballadores de consultas e daqueles servicios que por unhas especiais características e co actual cadro de persoal non permitisen aquela implantación; neste caso a estes traballadores compensaráselles cun día libre en cada un dos meses anteditos con independencia do legalmente establecido.

No caso de non existir acordo entre as partes, as súas discrepancias someteranse ó dictame da comisión paritaria.

Correspóndelle á empresa a fixación dos horarios de acordo coas necesidades do servicio.

Artigo 25º.-Seguridade e hixiene.

Naqueles postos de traballo con especial risco de enfermidade (contaxios, infeccións, etc) farase revisión médica polo menos semestralmente. Para o resto do persoal farase a citada revisión polo menos unha vez ó ano. En caso de efectuarse a revisión fóra

das horas de traballo, o tempo empregado non será retribuído.

O recoñecemento aludido levarase a cabo por un facultativo elixido polo traballador entre os adscritos á empresa, co debido control por parte do comité de empresa.

O resultado das revisións médicas a que se refire este artigo, farase constar nas oportunas fichas de cada traballador, e deberase remiti-lo correspondente informe ó comité de empresa, por petición do traballador interesado.

Artigo 26º.-Premios de xubilación.

Concederase un premio ós traballadores que se xubilen antes dos 64 anos, de acordo coa seguinte táboa:

-Xubilación ós 60 anos cumpridos: 500.000 ptas.

-Xubilación ós 61 anos cumpridos: 400.000 ptas.

-Xubilación ós 62 anos cumpridos: 300.000 ptas.

-Xubilación ós 63 anos cumpridos: 200.000 ptas.

Artigo 27º.-Xubilación ós 64 anos.

Os traballadores que cumpran 64 anos de idade durante a vixencia do presente convenio, poderán optar pola modalidade especial de xubilación antecipada ós 64 anos prevista no Real decreto Lei 14/1991, do 20 de agosto, e as empresas comprometeranse a substituír simultaneamente ó xubilado por outro traballador nos termos e condicións establecidas na dita norma legal.

Artigo 28º.-Persoal con capacidade diminuída.

Polo que respecta ó persoal con capacidade diminuída física, non será un motivo para que este persoal, non poida optar a un posto de traballo adecuado ás funcións que poida desempeñar.

Artigo 29º.-Complemento de incapacidade laboral transitoria.

Nos supostos por baixa, por ILT, (enfermidade común) profesional, maternidade e accidente, sexa ou non de traballo) as empresas aboarán un complemento do 25% da base reguladora da prestación satisfeita pola Seguridade Social, durante todo o tempo en que teña dereito á citada prestación económica, incluídas pagas extraordinarias.

Artigo 30º.-Pezas de roupa de traballo e uniforme.

A empresa facilitará a todo o persoal o vestiario que este precise (zocos, batas, medias, fundas, etc) que serán renovables cando estes o precisen, pero non poderán superar un ano. De igual maneira o persoal que realice traballos especiais será dotado de pezas de roupa especiais, luvas, batas, etc.

Sen prexuízo da debida atención e cuidade da roupa a que se refire o presente artigo por parte de cada traballador, o lavado e pranchado desta será realizado na empresa por conta desta.

Artigo 31º.-Atencións sociais.

A Comisión Paritaria do convenio estudiará a posibilidade de integra-lo persoal do sector en calquera economatao laboral dos existentes ou de nova creación ou cooperativa de conusmo ou institución similar, tan pronto como sexa posible, así como as condicións da súa integración.

O anterior non afectará ós traballadores que xa se encontren integrados nalgún dos establecementos citados.

As empresas darán facilidades nas quendas a todos aqueles traballadores que estean realizando estudios.

Recoméndase a tódolas empresas o estudio para establecer un seguro de responsabilidade civil para tódolos traballadores afectados polo presente convenio.

Artigo 32º.-Atrasos.

As empresas afectadas polo presente convenio disporán de dous (2) meses a partir da publicación deste no BOP de Pontevedra para liquida-los seus traballadores os atrasos que se producisen desde o 1 de xaneiro de 1994.

Artigo 33º.-Comisión paritaria.

Estará composta por tres (3) representantes da parte social e outros 3 da patronal, acompañados dos seus respectivos asesores, e son as súas funcións:

a) Interpretación do convenio.

b) Arbitraxe dos problemas ou cuestións que lles sean sometidos por ambas partes, de común acordo en asuntos derivados deste convenio.

A comisión Paritaria reunirase por instancia de calquera das partes.

TABOAS SALARIAIS ANO 1995

CategoríasSalario base

mensual

Salario anual

Grupo A):
Director médico142.0922.131.395
Director administrativo142.0932.131.397
Subdirector médico137.7902.066.850
Subdirector administrativo137.7902.066.850
Grupo B): persoal sanitario
Técnicos superiores
Médico xefe departamento135.6362.034.540
Médico xefe servicio129.1781.937.670
Médico xefe clínico124.8681.873.020
Médico adxunto120.5611.808.415
Farmacéuticos e odontólogos120.5611.808.415
Médico residente ou interino107.6411.614.815
Titulados de grao medio
Xefe de enfermería107.6471.614.705
Subxefe de enfermería102.7701.541.550
Supervisora de enfermería102.7701.541.550
ATS, enfermeras100.1161.501.740
Matronas, etc.100.1161.501.740

CategoríasSalario base

mensual

Salario anual

Fisioterapeutas100.1161.501.740
Terapeuta ocupacional100.1161.501.740
Técnico FP292.0431.380.645
Non titulados
Mestre de logofonía102.5521.538.280
Mestre de xordos102.5521.538.280
Monitor de logofonía92.5781.388.670
Monitor de xordos92.5781.388.670
Monitor ocupacional92.5781.388.670
Monitor educación física92.5781.388.670
Auxiliar sanitario83.9691.259.535
Auxiliar sanitario especial83.9691.259.535
Puericultores83.9691.259.535
Auxiliar de clínica83.9691.259.535
Cuidador psiquiátrico83.9691.259.535
Grupo C): persoal técnico non sanitario
Titulados superiores
Letrado ou asesor xurídico120.5611.808.415
Arquitecto120.5611.808.415
Enxeñeiro120.5611.808.415
Físico120.5611.808.415
Químico120.5611.808.415
Economista120.5611.808.415
Titulados de grao medio
Titulado mercantil100.1151.501.725
Enxeñeiro técnico100.1151.501.725
Mestre nacional100.1151.501.725
Graduado social100.1151.501.725
Asistente social100.1151.501.725
Profesor de educación física100.1151.501.725
Grupo D): persoal administrativo
Administrador137.7892.066.835
Xefe de sección135.6362.034.540
Xefe de negociado129.1821.937.730
Oficial administrativo92.5781.388.670
Auxiliar administrativo81.9131.227.195
Grupo E): persoal subalterno
Conserxe96.8851.453.275
Vixilante nocturno83.9671.259.505
Ordenanza81.8131.227.195
Porteiro81.8131.227.195
Grupo F): persoal de servicios xerais
Xefe de cociña96.8901.453.350
Encargado88.2131.323.195
Cociñeiro83.9671.259.505
Cortadoras83.9671.259.505
Telefonista máis de 50 Telf.83.9671.259.505
Telefonista menos de 50 Telf.81.8131.227.195
Pranchadoras82.8901.243.350
Costureiras81.8131.227.195
Axudante de cociña81.8131.227.195
Camareiro/a81.8131.227.195
Pinche de cociña75.4141.131.210
Fregador/a75.4141.131.210
Lavanderas75.4141.131.210
Limpadoras75.4141.131.210
Persoal de oficios varios
Xefe de taller96.8901.453.350
Electricista87.1961.307.940
Calefactor87.1961.307.940
Fontaneiro87.1961.307.940

CategoríasSalario base

mensual

Salario anual

Conductor de 1ª87.1961.307.940
Maquinista de lavadoiro87.1961.307.940
Albanel87.1961.307.940
Pintor87.1961.307.940
Carpinteiro87.1961.307.940
Conductor de 2ª81.8131.227.195
Xardineiro81.8131.227.195
Perrruqueiro, barbeiro81.8131.227.195
Axudante destes oficios77.9471.169.205
Peón74.9471.114.140

Cláusula de implicación salarial.

As partes asinantes do presente convenio acordan someterse ás seguintes normas, en tódolos ámbitos de negociación, cando algunha empresa decida solicita-la negociación, cando algunha empresa decida solicita-la implicación do incremento salarial, pactando no seu ámbito correspondente.

O obxecto da presente cláusula é dar un tratametno acorde e homoxéneo ás situacións que puidesen producirse nas empresas, e co obxectivo prioritario de mante-los niveis de emprego existentes nas empresas que soliciten a ampliación desta.

Os trámites previos que terán que segui-las empresas que desexen acollerse a esta cláusula son os seguintes:

a) Comunicar, por escrito, as súas pretensións á representación dos traballadores e á Comisión Mixta do convenio, dentro dos 10 días naturais seguintes á publicación deste no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

b) No prazo máximo dos 30 días naturais posteriores á comunicación anterior, achegará ós representantes dos traballadores a documentación acreditativa da petición:

1. Memoria explicativa das causas que motivan a solicitude.

2. Balance e conta de perdas e ganancias dos últimos tres anos.

3. Balance e conta de perdas e ganancias dos anos en curso.

4. Declaración, para efectos dos impostos de sociedades, dos últimos tres anos.

5. Informe relativo ós aspectos financeiros, productivos, comerciais e organizativos da empresa.

6. Situación da empresa ante a Seguridade Social e Facenda.

c) En vista da documentación achegada, terá lugar a oportuna negociación entre a empresa e a representación dos traballadores, co obxecto de determina-la porcentaxe que corresponda, en cada caso, de incremento salarial de aplicación durante a vixencia do convenio. Se nun parzo de 10 días non é alcanzado un acordo para o respecto, exporá o problema á Comisión Mixta do convenio, a que resolverá no prazo máximo de 10 días.

d) De non existir acordo nin na empresa nin na Comisión Mixta, nos prazos previstos, as dúas partes someteranse ó procedemtno extraxudicial de solución de conflictos laborais establecidos no Acordo Interprofesional Galego (AGA) nos propios termos en que este mesmo estea formulado.

e) Os acordos alcanzados establecerán, de forma obrigada, os incrementos acordados para a vixencia do convenio, así como, a forma e tempo para a súa recuperación. Do acordo alcanzado darase copia á Comisión Mixta, con obxecto de poder levar un seguimento dos problemas do sector e revisar que se cumpran os criterios marcados.

f) Nos supostos onde non exista representación dos traballadores, a empresa, logo da comunicación escrita destes, dirixirase á Comisión Mixta para os efectos previstos nos apartados anteriores.

2069