Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas (BEGASA), con domicilio en Cidade de Viveiro, 4, Lugo, en solicitude de autorización para instalar L.M.T., C.T., edificio Parque-2, Os Molineros-Burela, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:
Autorizar a Barras Eléctricas Galaico-Asturianas (BEGASA), a instalación de liña subterránea de media tensión a 20 kV, con cable D.H.V. 15/25 kV de 1x150 mm A1, cunha lonxitude de 275 metros. Centro de transformación de 400 kVA 20.000/398-230V+-5%, para subministración eléctrica ó edificio Parque-2, Os Molineros, no concello de Burela.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Lugo, 1 de marzo de 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
1846