Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.758

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/137-2, libro de rexistro: 4.395-A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas (BEGASA), con domicilio en Cidade

de Viveiro, 4-1º, Lugo, en solicitude de autorización para instalar L.M.T., C.T., R.B.T., poboado de Nazareth-Santa Mariña de Bóveda-Lugo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Barras Eléctricas Galaico-Asturianas (Begasa), a instalación de liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56, cunha lonxitude de 854 metros, sobre apoios de formigón. Centro de transformación en torre metálica de 100 kVA 20.000/398-230 V±5%. Rede de baixa tensión con cable R.Z.-0,6/1 kV de 3x95/54,6 A1, cunha lonxitude de 544 metros, para mellora do servicio eléctrico ó poboado de Nazareth en Santa Mariña de Bóveda, no concello de Lugo.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 1 de marzo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

2051