Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.758

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/107-2, libro de rexistro: 4.367-A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas (BEGASA), con domicilio en Cidade de Viveiro, 4, Lugo, en solicitude de autorización para instalar L.M.T. subt., C.T. edificio Isidro Rodríguez e outro (Único), e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Barras Eléctricas Galaico-Asturianas (BEGASA), a instalación de liña de media tensión subterránea a 20 kV, en conductor D.H.V. 15/25 kV de 1x150 mm A1, cunha lonxitude de 330 metros. Centro de transformación de 400 kVA 20.000/398-220 V+-5%, para dar servicio eléctrico ó edificio Isidro Rodríguez e outro (Único), na rúa Xosé Antonio, no concello de Lourenzá.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 1 de marzo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

2049