Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.759

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

ORDE do 5 marzo de 1996 pola que se nomean os membros do xurado do Premio das Letras e das Artes de Galicia, convocado por Orde do 2 de xaneiro de 1996.

O Decreto 258/1994, do 30 de setembro (modificado no seu artigo 5 polo Decreto 286/1995 do 19 de outubro) polo que se crea o Premio das Letras e das Artes de Galicia, dispón no seu artigo 4 (publicada corrección de erros no DOG nº 13 do 19 de xaneiro de 1995) a composición do xurado do premio mediante proposta das institucións citadas na devandita disposición.

En cumprimento do citado artigo cómpre proceder ó nomeamento dos membros do xurado do Premio das Letras e das Artes de Galicia. Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nomear presidente e membros do xurado do Premio das Letras e das Artes de Galicia ás seguintes persoas:

1. Presidente:

Antón Fraguas Fraguas, por delegación do conselleiro de Cultura.

2. Vocais:

José Antonio García Caridad, propuesto polo Consello da Cultura Galega.

Marino Donega Rozas, proposto pola Real Academia Galega.

José Manuel Rivera Otero, proposto pola Universidade de Santiago.

José Eduardo López Pereira, proposto pola Universidade da Coruña.

Xulio Pardelllas de Blas, proposto pola Universidade de Vigo.

Xulio A. Fernández Argüelles, proposto pola Real Academia de Belas Artes Nª. Sra. do Rosario.

Constantino García González, nomeado polo conselleiro de Cultura.

Julio Francisco Ogando Vázquez, nomeado polo conselleiro de Cultura.

3. Secretario:

Homero José María Pérez Quintana director xeral de Cultura.

Disposición derradeira

Esta orden entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 1996.

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura

1560