Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 1996 Páx. 2.727

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 1996, da Delegación do Goberno no Monopolio de Tabacos, pola que se notifica a revogación dunha concesión administrativa.

Visto o expediente incoado de oficio en contra do despacho complementario de Castro-Breixa-Silleda (Pontevedr), do que é titular José R. Cavaleiro Conde, dictouse a seguinte resolución, e

Resultando que Tabacalera, S.A. por oficio do 23-1-1995 informounos de que o devandito despacho fixo a súa última saca o 28-6-1993.

Resultando que o 11-7-1995, a inspección deste organismo puido comprobar que o despacho estaba pechado e con evidentes sinais de abandono, sendo informados de que o seu titular residía en Taboada.

Resultando que o 24-7-1995, lle foi incoado expediente por abandono de servicio, o que vén tipificado como infracción moi grave no Art. 28.1º do Real decreto 2738/1986, do 12 de decembro.

Resultando que o acordo anterior foi notificado por edicto, ó se ignora-lo domicilio de José R. Conde Cavaleiro.

Resultando que en contra do anterior non presentou alegacións.

Resultando que na tramitación do presente expediente foron observadas tódalas prescricións legais.

Vista a Lei 38/1985, do 22 de novembro, do monopolio fiscal de tabacos, e o Real decreto 2738/1986, do 12 de decembro.

Considerando que a competencia para resolver nos vén atribuída con carácter xeral polo Art. 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e en especial polo Art. 8.4º da Lei 38/1985, do 22 de novembro, e no Art. 31.1º do Real decreto 2738/1986, do 12 de decembro.

Considerando que, ó non terse presentado alegacións, o acordo de iniciación se consedere como pro

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

posta de resolución, segundo establece o Art. 13.2º do Ral decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Considerando que, ó estar probada a infracción do Art. 28.1º e non terse presentado alegacións, se consedera tacitamente admitido o feito imputado.

Considerando que a infracción imputada está tipificada como moi grave, e conforme co establecido no Art. 30.1º a) se pode sancionar coa revogación da concesión administrativa.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral aplicación, esta Delegación de Goberno no Monopolio de Tabacos,

ACORDA:

Revoga-la concesión administrativa ó despacho complementario de Castro-Breixa-Silleda (Pontevedra), do que é titular José R. Cavaleiro Conde.

O que lle notifico, advertíndolle que, en contra da presente resolución, poderá intepoñer recurso ordinario perante o ministro de Economía e Facenda, de acordo co sinalado no Art. 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, no prazo dun mes a partir do seguinte ó desta notificación.

Madrid, 13 de febreiro de 1996.

O delegado do Goberno

Rubricado