Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 1996 Páx. 2.727

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

ENTIDADE LOCAL MENOR DE ARCOS DA CONDESA (CALDAS DE REIS)

ANUNCIO.

A entidade local menor en pleno, en sesión do 10 de febreiro de 1996, acordou aproba-la memoria histórico-heráldica sobre dos fundamentos xustificativos da proposta dun brasón para adoptar pola entidade local menor de Arcos da Condesa, da provincia de Pontevedra, así como o deseño do escudo que se propón.

Polo que se fai público para o xeral coñecemento co fin de que, á vista do expediente que se encontra de manifesto na secretaría desta entidade, se poidan formula-las alegacións que se coiden pertinentes, durante un prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e no taboleiro de anuncios da entidade.

Arcos da Condesa, 12 de febreiro de 1996.

O alcalde-presidente

Rubricado

1449