Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 1996 Páx. 2.724

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN da Alcaldía-Presidencia do concello da Coruña pola que se anuncia concurso para a adquisición de 100 licencias de software Office de Microsoft.

Obxecto: adquisición de 100 licencias do software Office de Microsoft con destino á área de informática. (Ref. S96/25).

Tipo de licitación: 4.500.000 pesetas (IVE incluído).

Garantías: provisional: 90.000 pesetas; definitiva: 4% do orzamento do contrato.

Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:

«Don/Dona..., veciño/a de..., con domicilio en..., provisto de DNI nº..., en representación de...., con domicilio en... (ou en nome propio), informado/a do anuncio de concurso para a subministración de 100 licencias do software Office de Microsoft con destino á área de informática, e do prego de condicións que o regula, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición optando a adxudicación polo prezo de... pesetas (IVE incluído) e no prazo de...

En proba de aceptación de tales compromisos, deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resgardo que achego.

Data e sinatura do propoñente.»

Presentación de proposicións: presentaranse en sobre pechado no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo, no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece. En caso de

resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

Prego de condicións: poderase examinar e retirar copia no negociado de subministración e compras, 2ª planta do pazo municipal, praza de Mª Pita, nº 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 11 de marzo de 1996.

Rubricado

2179