Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 1996 Páx. 2.724

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ACORDO da Comisión de Goberno Municipal da Coruña pola que se anuncia concurso para a adquisición de equipos informáticos.

Obxecto: adquisición de 120 ordenadores con destino ós distintos servicios municipais. (Ref. S96/24).

Tipo de licitación: 30.000.000 pesetas (IVE incluído).

Garantías: provisional: 600.000 pesetas; definitiva: 4% do orzamento de contrato.

Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:

«Don/Dona..., veciño/a de..., con domicilio en..., provisto de DNI nº..., en representación de...., con domicilio en... (ou en nome propio), informado/a do anuncio de concurso para a adquisición de 120 ordenadores con destino ós distintos servicios municipais, e do prego de condicións que o regula, que

acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición optando a adxudicación polo prezo de... pesetas (IVE incluído) e no prazo de...

En proba de aceptación de tales compromisos, deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resgardo que achego.

Data e sinatura do propoñente.»

Presentación de proposicións: presentaranse en sobre pechado no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo, no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

Prego de condicións: poderase examinar e retirar copia no negociado de subministración e compras, 2ª planta do pazo municipal, praza de Mª Pita, nº 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 15 de marzo de 1996.

Rubricado

2177