Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 1996 Páx. 2.723

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1996 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para a contratación dos servicios de limpeza dos edificios e locais da Universidade de Santiago de Compostela.

Nome.

Universidade de Santiago de Compostela.

Dirección: rúa Nova, 6, Santiago de Compostela (A Coruña) España. Fax (981) 57 13 10.

Modalidade de adxudicación.

Concurso público, procedemento aberto.

-Expediente nº 610/1996.

Lugar de prestación do servicio: Santiago de Compostela.

Obxecto do contrato: servicio de limpeza nos edificios e locais da Universidade de Santiago de Compostela, (Campus Sur).

Importe de licitación: 200.000.000 de ptas. anuais IVE incluído.

Garantía provisional: 4.000.000 de ptas.

Clasificación empresarial: grupo III, subgrupo 6, categoría D.

-Expediente nº 611/1996.

Lugar de prestación do servicio: Santiago de Compostela.

Obxecto do contrato: servicio de limpeza nos edificios e locais da Universidade de Santiago de Compostela, (núcleo histórico e Campus Norte).

Importe de licitación: 160.000.000 de ptas. anuais IVE incluído.

Garantía provisional: 3.200.000 ptas.

Clasificación empresarial: grupo III, subgrupo 6, categoría D.

-Expediente nº 612/1996.

Lugar de prestación do servicio: Lugo.

Obxecto do contrato: servicio de limpeza nos edificios e locais da Universidade de Santiago de Compostela, (Campus de Lugo).

Importe de licitación: 62.000.000 de ptas. anuais IVE incluído.

Garantía provisional: 1.240.000 ptas.

Clasificación empresarial: grupo III, subgrupo 6, categoría C.

Os licitadores poderán concorrer a un, a dous ou ós tres expedientes.

Prazo de execución.

É o recollido nos pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas.

Os documentos para o concurso pódense consultar o retirar na Copistería Copynino, rúa Xeral Pardiñas, 2 (Galerías), CP 15701 Santiago de Compostela, A Coruña, España. Ou na Copistería Unicopia, Facul

tade de Veterinaria, Pavillón de Aulas, campus universitario, C.P. 27002 Lugo, Lugo, España.

A data límite para a recepción das ofertas, 15 de abril de 1996.

Enderezo á que deben remitirse os documentos: Universidade de Santiago de Compostela, rexistro xeral, pazo de San Xerome, Praza do Obradoiro s/n CP 15705 Santiago de Compostela (A Coruña) España ou Universidade de Santiago de Compostela, Rexistro, Polígono de Fingoi, s/n (Facultade de Veterinaria) CP 27002 Lugo (Lugo) España.

As ofertas deben redactarse en español ou galego.

As ofertas abriranse en sesión pública.

A Apertura de ofertas terá lugar ás 13 horas, na sala de xuntas da Casa da Balconada, rúa Nova, 6 Santiago de Compostela, A Coruña, España, o día 18 de abril de 1996.

Garantía definitiva.

4% do importe de licitación.

Modalidades esenciais de finanzamento e pagamento.

As previstas na lexislación de contratos das administracións públicas e no prego de cláusulas administrativas particulares.

As agrupacións deberán reunilos requisitos previstos no artigo 24 da Lei 13/1995, de 18 de maio de contratos das administracións públicas (BOE do 19 de maio de 1995).

A capacidade de obrar acreditarase de acordo co disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

A solvencia económica e financeira acreditarase por:

-Informe de institucións financeiras ou, se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais.

-Tratándose de sociedades, presentación de balances, no suposto de que a publicación destes sexa obrigatoria nos estados onde aquelas se encontren establecidas.

-Declaración relativa á cifra de negocios global e das obras, subministracións, servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.

Se por razóns, que se deben xustificar, un empresario non poida facilita-las referencias solicitadas poderá acredita-la súa solvencia económica e financeira por calquera outra documentación considerada como suficiente pola Universidade de Santiago de Compostela.

No suposto de persoas xurídicas dominantes dun grupo de sociedades, poderase ter en conta ás sociedades pertencentes ó grupo, para os efectos de acreditación da solvencia económica, financeira, e técnica ou profesional, ou da correspondente clasificación, se é o caso, da persoa xurídica dominante, sempre e cando esta acredite que ten efectivamente

a súa disposición os medios das ditas sociedades necesarios para a execución dos contratos.

A solvencia técnica acreditarase por:

-Relación das titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular do persoal responsable da execución do contrato.

-Relación dos principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúan importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles.

-Descrición do equipo técnico e unidades técnicas participantes no contrato, estean ou non integrados directamente na empresa do contratista, especialmente dos responsables do control de calidade.

-Declarción que indique a media anual do persoal e cadro de persoal directivo durante os últimos tres anos.

-Declaración do material instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato.

-Declaración das medidas adoptadas polo empresario pra controla-la calidade, así como dos medios de estudio e de investigación de que dispoña.

Para a adxudicación do contrato seguiranse os criterios previstos nos pregos de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas particulares.

Data de envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas 23 de febreiro de 1996.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1996.

P.D. (14-2-1995)

Manuel Castro Cotón

Vicerrector de Asuntos Económicos

2176