Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 1996 Páx. 2.722

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN 27 febreiro 1996, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia contratación, polo sistema de concurso mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria para adquisición de catéteres para radioloxía intervencionista (Expte. 10/1996), adquisicion de guías, introductores e outro material para radioloxía intervencionista (Expte. 11/1996) para o complexo hospitalario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro), convoca o seguinte concurso:

-Expte. 10/1996:

1. Obxeto: adquisición de catéteres para radioloxia intervencionista.

2. Orzamento: 27.200.000 ptas., IVE incluído.

-Expte. 11/1996:

1. Obxeto: adquisición de guias, introductores e outro material para radioloxia intervencionista.

2. Orzamento: 21.950.500 ptas. IVE. incluído.

3. Prazo de execución: inmediato desde a formalización do contrato, con entregas parciais do material adxudicado, segundo necesidades do centro fixadas polos servicios competentes, ata 31-12-1996.

4. Admisión de variantes: admitiranse como máximo dúas variantes por producto.

5. Garantía provisional: 2% de cada unha das partidas as que se licite.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedimento aberto e tramitación ordinaria.

7. Clasificacion: non se esixe.

8. Solvencia económica e financiera: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracions públicas (Lei 13/1995, de 18 de maio, BOE nº 119, do 19 de maio).

9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 19 da Lei 13/1995, de 18 de maio, dos contratos das administracións públicas (BOE nº 119, do 19 de maio).

10. Criterios de adxudicación:

Expte. 10/1996 e 11/1996.

Prezo: ata 4 puntos.

Calidade: ata 3 puntos.

Prazo de execución e entrega: ata 2 puntos.

Caract. técnicas e funcionais: ata 1 punto.

11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria pódese solicitar no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro 22, 36204 Vigo, en días laborais desde as 9 hasta as 14 horas ou no teléfono nº (986) 81 60 23 e fax nº (986) 81 60 65.

12. Prazo de presentación de proposicions: as proposicions, deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partires do seguinte o da publicación de esta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artígo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Apertura de proposicions: a apertura das proposicions admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral as 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

15. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 27 de febreiro de 1996.

Juan José Equiza Escudero

Director-xerente

96-1563