Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 1996 Páx. 2.721

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 1996, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia contratación, polo sistema de concurso mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, para adquisición de equipos de soro, chaves de 3 vías, regulador de fluxo, sistemas de drenaxe pleural, e set de infusión (expediente 7/1996) e adquisición de diversos tipos de guantes (expediente 8/1996) e adquisición de roupa hospitalaria, de vestiario e zocos (expediente 9/1996) para o complexo hospitalario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro), convoca o seguinte concurso:

-Expte. 7/1996:

1.-Oxecto: adquisición de equipos de soro, chaves de 3 vías, regulador de fluxo, sistemas de drenaxe pleural e set de infusión.

2.-Orzamento: 27.178.000 ptas., IVE incluído.

-Expte. 8/1996:

1.-Obxecto: adquisición de diversos tipos de guantes.

2.-Orzamento: 16.435.500 ptas., IVE incluído.

-Expte. 9/1996:

1.-Obxecto: adquisición de roupa hospitalaria, de vestiario, e zocos.

2.-Orzamento: 24.891.000 ptas., IVE incluído.

3.-Prazo de execución: inmediato desde a formalizacion do contrato, con entregas parciais do material adxudicado, segundo necesidades do centro fixadas polos servicios competentes, ata o 31-12-1996 (para os Exptes. 7/1996 e 8/1996), e 30 días desde a formalización do contrato (para o Expte. 9/1996).

4.-Admisión de variantes: admitiranse como máximo dúas variantes por producto.

5.-Garantía provisional: 2% de cada unha das partidas as que se licite.

6.-Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria.

7.-Clasificación: non se exise.

8.-Solvencia economica y financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracions públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio, BOE nº119, do 19 de maio).

9.-Solvencia tecnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 19 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas. (BOE nº 119, do 19 de maio).

10.-Criterios de adxudicación:

Expte. 7/1996 e 8/1996

1.-Prezo: ata 4 puntos.

2.-Calidade: ata 3 puntos.

3.-Prazo de execución e entrega: ata 2 puntos.

4.-Caract. tecnicas e funcionais: ata 1 punto.

Expte. 9/1996.

1.-Calidade: ata 5 puntos.

2.-Prezo: ata 3 puntos.

3.-Prazo de execución e entrega: ata 2 puntos.

11.-Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria, pódese solicitar no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22 - 36204 Vigo, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono (986) 81 60 23 e fax (986) 81 60 65.

12.-Prazo de presentación de proposicions: as proposicións, deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma

indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

13.-Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no PCAP.

14.-Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizaa pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

15.-Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 20 de febreiro de 1996.

Xoan Xosé Equiza Escudero

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo

1808