Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 1996 Páx. 2.720

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1996, da Dirección Xerencia do Hospital Nicolás Peña de Vigo, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público polo procedemento aberto, con trámite de urxencia, para a contratación do servicio de seguridade.

A Dirección Xerencia do Hospital Nicolás Peña en Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orde da consellería de Sanidade do 15 de setembro de 1994, convoca o seguinte concurso público nº 1/1996 polo

procedemento aberto, con trámite de urxencia, para a contratación do servicio de seguridade.

Orzamento: once millóns cincocentas mil pesetas (11.500.000 ptas.) IVE incluído.

Forma de adxudicación: concurso público aberto, con trámite de urxencia.

Prazo de execución: a prestación do servicio do que é obxecto o presente contrato comezará a rexer a partir da data de sinatura do contrato.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria, estará á disposición

dos interesados na Administración do Hospital Nicolás Peña, sita na rúa Avda. Camelias nº 109, Vigo, tódolos días laborables, agás sábados, desde ás 9 horas ata as 14 horas.

Fianza provisional: os concursantes deberán acreditar na forma que se establece no prego de cláusulas unha fianza provisional de 230.000 ptas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Nicolás Peña, antes das 14 horas do décimo terceiro día hábil contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Nicolás Peña ás 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas, no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que cómpre achegar: será a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 19 de febreiro de 1996.

Bibiano Fernández-Arruti López

Director-xerente do Hospital Nicolás Peña de Vigo

1755