Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 1996 Páx. 2.725

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 1996 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a prestación do servicio de vixilancia nocturna da estación de autobuses.

Obxecto.-Prestación do servicio de vixilancia nocturna da estación de autobuses. (Ref. As96/9).

Orzamento.-3.558.750 pesetas anuais (IVE incluído).

Garantías.-Provisional: 71.175 pesetas; definitiva: 4% do orzamento.

Modelo de proposción.-As proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:

«D/Dna....., veciño/a de ...., con enderezo en ...., provisto/a de DNI nº ...., en representación de ...., con enderezo en .... (ou en nome propio), enterado/a do anuncio de concurso para a contratación do servicio de vixilancia nocturna da estación de autobuses e do prego de condicións que o regula, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposcións para optar á adxudicación polo prezo de .... pesetas anuais (IVE incluído).

En proba de aceptació de tales compromisos deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co recito que xunto.

Data e sinatura do propoñente».

Presentación de proposicións.-Presentaranse en tres sobres pechados no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo (neste caso previo o cumprimento dos requisitos sinalados no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación), no prazo de vinteseis días natuaris contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

Nos anversos dos sobres consignarase: «proposición que presenta .... para optar ó concurso para a contratación da prestación do servicio de vixilancia nocturna da estación de autobuses».

Prego de condicións.-Poderán ser examinados e retirada copia na unidade de obras de concesións, 2º andar do pazo municipal, praza de Mª Pita, nº 1, 15001 A Coruña.

Apertura de plicas.-A apertura das proposicións económicas e documentación técnica será realizada pola mesa de contratación en acto público e terá lugar nas casas consistoriais ás doce horas do quinte día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación, que, en caso de resultar sábado, se entenderá prorrogado ó día hábil seguinte.

A Coruña, 11 de marzo de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado

2178