Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 1996 Páx. 2.706

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 1996, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto de autorización de instalacións de gasificación do noroeste: rede de Ferrol, promovido pola empresa Enagás, S.A.

De acordo co disposto na Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado polo Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, artigos 39 da Lei de procedemento administrativo e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, artigos 17 da Lei de expropiación forzosa e 56 do seu regulamento, texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, Lei 11/1985, do 22 de agosto, de adaptación da do solo a Galicia e demais normativa específica de aplicación e para os efectos previstos no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de maio de 1993, polo que se designa a Consellería de Industria e Comercio como órgano competente por razón da materia para a tramitación da unidade de expediente e

resolución única do procedemento, sométese á información pública o

proxecto de autorización de instalacións gasificación do noroeste: rede de Ferrol, para a distribución de gas natural para usos industriais, declarado de utilidade pública polo artigo 10 da citada Lei 10/1987.

Peticionario: Enagás S.A., con domicilio social en Madrid, Avda. de América, nº 38., titular da concesión administrativa outorgada por orde do conselleiro de Industria e Comercio do 12 de marzo de 1993, para a prestación do servicio público de conducción e subministración de gas natural para usos industriais en diversos termos municipais da provincia da Coruña, entre outros Ferrol, Narón, Neda e Fene.

Obxecto de petición: autorización das instalacións recollidas no proxecto rede de Ferrol, para a conducción e subministración de gas natural para usos industriais.

Descrición das instalacións:

A rede de Ferrol ten a súa orixe a uns 600 m ó oeste da estrada C-113, dividíndose en dous ramais OR-1, que tomando dirección sur finaliza na empresa nacional de Bazán, e o R-2, que ten un trazado que discorre ata o este, finalizando en Astano.

A lonxitude total do ramal, é de 20.825 m de 10'', 8'', 6'', 4'' y 2'' de diámetro (16 bars), fabricada segundo a especificación básica API-5L-GrB.

Municipios afectados:

Narón (7.778 m), Ferrol (5.713 m), Neda (4.472 m) y Fene (2.862 m).

Orzamento: trescentos oitenta e sete millóns cincocentas cincuenta e nove mil cincocentas noventa e seis pesetas (387.559.596 pesetas).

Afección ós predios particulares:

Un.-Expropiación en pleno dominio dos terreos sobre os que se construirán as instalacións fixas en superficie.

Dous.-Para as canalizacións:

a) Imposición de servidume permanente de paso, nunha franxa de terreo de 2 metros de largo, ó longo do gasoducto, por onde descorrerá enterrada a tubería ou tuberías, que se requiran para a conducción do gas e que estará suxeita por razóns de seguridade ás seguintes limitacións do dominio:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a 50 cm, así como de plantar árbores ou arbustos a unha distancia inferior a 2 m a contar do eixe da tubería.

2. Prohibición de realizar calquera tipo de obras ou efectuar algún acto que puidese danar ou perturba-lo bo funcionamento das instalacións, a unha distancia inferior a 5 m do eixe do trazado, a un e outro lado deste. Esta distancia poderá reducirse sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que, en cada caso, fixe o órgano competente da Administración.

3. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, reparar ou renova-las instalacións, con pagamento no seu caso, dos danos que se ocasionen.

4. Posibilidade de instala-los fitos de sinalización ou delimitación e os tubos de ventilación, así como de realiza-las obras en superficie ou subterráneas que sexan necesarias para a execución ou funcionamento das instalacións.

b) Ocupación temporal como necesidade derivada da execución das obras, da zona que se reflecte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación e na que se fará desaparecer todo obstáculo.

Tres.-Para o paso de cables de conexión e elementos dispersores de protección catódica:

a) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo de 1 m de largo a cada lado do eixe do foxo, por onde descorreran enterrados os cables de conexión e elementos dispersores de protección catódica, que estará suxeita ás seguintes limitacións:

-Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a 50 cm.

-Prohibición de plantar árbores ou arbustos así como o dereito a cortar ou arranca-las árbores ou arbustos que houbese a distancia inferior a 1,5 m a cada lado do eixe das instalacións.

-Prohibición de realizar calquera tipo de obras, construcción ou edificación nunha franxa de 3 m de largura, 1,5 m a cada lado do eixe das instalacións.

-Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, reparar ou renova-las instalacións con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

b) Ocupación temporal, como necesidade derivada da execución das obras, da zona que reflecte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación, e na que se poderá facer desaparecer todo obstáculo, así como realiza-las obras necesarias para o tendido e montaxe das instalacións e elementos anexos, executando as obras ou operacións precisas para os ditos fins.

O proxecto inclúe planos parcelarios e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren perxudicadas nos seus dereitos podan presenta-las súas alegacións, no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, na Dirección Xeral de Industria, edificio San Caetano, en Santiago de Compostela, e na delegación provincial desta consellería na Coruña, Edif. Servicios Múltiples, 1ª Planta, Monelos, onde poden examina-lo proxecto.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 1996.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados

Proxecto: gasificación do noroeste. Rede de FerrolProvincia: A CoruñaConcello: Ferrol

Abreviaturas utilizadas: SE-expropiación en dominio, SP-servidume de paso, OT-ocupación temporal

Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados

Proxecto: gasificación do noroeste. Rede de FerrolProvincia: A CoruñaConcello: Narón

Abreviaturas utilizadas: SE-expropiación en dominio, SP-servidume de paso, OT-ocupación temporal

Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados

Proxecto: gasificación do noroeste. Rede de FerrolProvincia: A CoruñaConcello: Neda

Abreviaturas utilizadas: SE-expropiación en dominio, SP-servidume de paso, OT-ocupación temporal

Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados

Proxecto: gasificación do noroeste. Rede de FerrolProvincia: A CoruñaConcello: Fene

Abreviaturas utilizadas: SE-expropiación en dominio, SP-servidume de paso, OT-ocupación temporal

1546