Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 1996 Páx. 2.706

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 45/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha R.B.T. en Souto, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Hidroeléctrica de Silleda.

Lugar no que se vai establece-la instalación: en Souto, concello de Silleda.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: R.B.T., aérea, de 930 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Orzamento: 3.382.924 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 30 de xaneiro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

1677