Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 1996 Páx. 2.698

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO de poxa (107/1994).

A xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa.

Fai saber que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 107/1994, séguese procedemento executivo outros títulos, por instancia do Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Victorino Regueiro Múñoz, contra Santiago Barallobre Mejuto, domiciliado en Barreiro (Melide) e Fátima Río Lires, con domicilio en Barreiro (Melide), en reclamación de cantidade, nos autos do cal se acordou sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo da súa valoración os bens embargados no procedemento que ó final do presente edicto se verá polo miúdo:

A poxa terá lugar o vindeiro día nove de xullo, ás dez horas da mañá, na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Lugo, baixo as condicións seguintes:

1. O tipo do remate é de dous millóns cincocentas noventa e catro mil pesetas, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da devandita suma.

2. Para tomar parte na poxa, os licitadores deberán cosignar previamente o vinte por cento do prezo do remate no establecemento destinado para o efecto (Banco Bilbao Vizcaya, S.A., axencia urbana, número de conta 1510/000 a favor do expediente executivo 107/1994.

3. Soamente o executante poderá cede-lo remate a un terceiro.

4. Poderanse facer ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a celebración, depositándoo na mesa do xulgado, e xunto co prego, o xustificante acreditativo de ingreso do importe reseñado no punto dous.

5. Para o suposto de que resulte deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro día dezanove de setembro, ás dez horas, nas mesmas condicións que para a primeira, agás o tipo do remate que será o setenta e cinco por cento do da primeira; e, no caso de que resulte deserta a devandita segunda poxa, procederase a unha terceira, sen suxeición a tipo, o día oito de novembro, tamén ás dez horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

E para que así conste e sirva de notificación ó público en xeral e ós demandantes en particular, expídese o presente edicto para a súa publicación nos respectivos boletíns oficiais que correspondan.

Dado en Arzúa o cinco de marzo de 1996.

O secretario

Rubricado

Relacións de bens obxecto da poxa.

Predio sito na parroquia de Barreiro-Melide. leira do Outeiro, labradío de 9 áreas e catorce centiáreas.

Linda, norte: herdeiros de Francisco Ramos, sur: camiño, leste: Carmen Casal Mariño e oeste: herdeiros de Carmen Zas.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Arzúa, no tomo 425, libro 70 de Melide, folio 45, predio número 11.748.

2147